A semana pasada analizamos a situación actual das concesións das televisións dixitais de cobertura autonómica. Esta tócanos ver que acontece coas de ámbito local. No mes de xullo, o Consello da Xunta concedeu 46 licenzas que abranguen a todo o territorio, unha concesión que para algúns expertos foi interpretada como a entrada de capital estatal no noso ámbito de comunicación local.
“O goberno galego cedeu á presión e afianzou, coas concesións outorgadas, a posición dominante dos grandes grupos estatais e rexionais na TDT-L, sobre todo nas cidades e nos hinterlands poboacionais, varrendo ás empresas independentes e substituÃndoas por grupos de comunicación que traballan en redes centralizadas e posúen xa unha grande proxeción de intereses no mercado”. Marcelo MartÃnez Hermida, profesor titular de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e membro do grupo CidadanÃa e Comunicación, define asà a concesión de licenzas de televisión local no noso paÃs.
As concesións
Das 46 licenzas de televisión dixital que abranguen todo o territorio galego (distribuÃdo agora en 21 demarcacións) o grupo “Prensa Ibérica” foi o que acaparou un maior número de concesións. Un total de sete que se corresponden cos núcleos urbanos máis poboados: Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Ourense e Carballo. Practicamente os mesmos territorios que tamén se fixo outro grupo estatal,“Prisa e asociados” que conseguiu seis. Os grupos rexionais que se fixeron con 23 concesións están asociados a prensa impresa como La Capital (editora de El Ideal Gallego e Diario de Ferrol), La Región, El Progreso e Editorial Compostela (El Correo Gallego e Galicia Hoxe).
Para Marcelo MartÃnez abrir o espazo público local aos grandes grupos da comunicación estatais e rexionais significa varias cousas. “En primeiro lugar, unha retirada vergoñante da dministración sobre o necesario control das empresas e dos contidos no espazo local que afecta ao ámbito laboral e á construción dun sector audiovisual propio, independente e forte”. Para Marcelo isto tamén supón a desprotección do patrimonio lingüÃstico e cultural propio que, con este mapa empresarial da comunicación se revela “en franca desigualdade”. En segundo lugar, Marcelo considera que “se debuxa un territorio comunicativo vertical e clientelar co poder polÃtico que aborta a a participación da sociedade e que contribúe á desinformación e a incomunicación existente”. En terceiro lugar, o profesor MartÃnez considera que este panorama suporá a reprodución de información que xa foi ofrecida noutros soportes. “Por último, conclúe Marcelo, exclúen ou marxinan no mercado as televisións privadas independentes, verdadeiras pemes que asentarÃan máis horizontalmente o sector, concentrando e fomentando a difusión e o dominio do discurso único e interesado das grandes empresas”.
Por outra parte, o novo panorama se asenta tecnicamente no que se chama “demarcacións”. Concepto novo e que non respecta os criterios de comarcalización e de cobertura que desenvolveu a actual televisión local. “As demarcacións, explica Marcelo, responden a criterios puramente económicos, como a maior concentración poboacional, o maior mercado potencial tendo en conta o menor custe global humano e técnico”. Ademais, a cada demarcación de TDT de ámbito local lle corresponden catro canles, das que unha se reserva para a iniciativa pública (que pode solicitala ou non), mentres que as outras tres, foron as que se adxudicaron neste mes de xullo.
O procemento de implantación
Hai que ter en conta que a TDT é unha tecnoloxÃa de substitución, o que quere dicir que o 3 de abril de 2010 cesarán as emisións tal e como as recibimos hoxe. Isto implica un cambio en toda a tecnoloxÃa, xa non só de recepción (os sintonizadores nas casas) senón tamén na emisión. Este concurso de licenzas regula este cambio e isto ten unha serie de pasos.
José Miguel Gómez ApesteguÃa, xefe do Servizo de Televisión e Radiodifusión dependente da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual explica que a dÃa de hoxe a TDT-de ámbito local está no perÃodo de seis meses que teñen as empresas concesionarias para presentar o proxecto técnico e designar o seu xestor. “Unha vez presentado o proxecto temos que revisalo aquà e mandalo a Madrid para aprobación” explica José Miguel. Unha vez que o Ministerio dea o seu visto bo, ábrese un prazo de doce meses, para realizar unhas obras que a administración autonómica deberá inspeccionar para concederlle a licenza definitiva. “Os proxectos que non se correspondan fielmente co proxecto técnico presentado, explica José Miguel, non se aprobarán”.
A peculiaridade da TDT-L
A tecnoloxÃa dixital supón tamén un novo modelo de difusión afecta aos tres concesionarios en cada demarcación (malia que cada demarcación permite a emisión de cada cadea, só se sacaron a concurso tres, reservando á cuarta para a iniciativa pública). En canto a contidos, as empresas que obtiveron a concesión deben aterse aos requisitos establecidos polo decreto: o emprego do galego de forma “usual” nas súas emisións, o apoio da produción independente, a publicidade e a aplicación da directiva da Televisión sen Fronteiras (directiva europea promove a distribución e a producción de programas audiovisuais europeos garantÃndolles unha presenza destacada na programación das cadenas de televisión).
Existe un aspecto a maiores a ter en conta: a cobertura. A infraestrutura que permite a recepción da TDT non está estendida en Galicia. De feito, o goberno acaba de facer públicas liñas de axuda millonarias para desenvolver a tecnoloxÃa precisa para estender a cobertura ao total do territorio. A este respecto, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual convocou o pasado mes de outubro sesións informativas para analizar os diferentes aspectos legais, técnicos e operativos que as emisoras concesionarias deberán ter en conta no despregue da TDT. En todo caso, o goberno comprometeuse a que no 2010, cando cesen as emisión analóxicas, o 98% da poboación poderá recibir a TDT.