Son algunhas das maiores e máis destacadas construcións que existen sobre o noso paÃs. Foron durante moito tempo niños de silencio e de paz. Pasaron anos a se degradar no máis absoluto abandono. Hoxe, os mosteiros reviven con novas funcións moi afastadas da que tiñan orixinalmente, e a sociedade busca as fórmulas máis variadas para que estes xigantes de pedra poidan manter o seu esplendor aÃnda durante uns séculos.
Nos últimos anos hai un constante pingar de novas na prensa que sinalan a reconversión, presente ou futura, dun cenobio para fins hostaleiros. De cando en cando atopamos mostras da restauración de edificios deste tipo que vén como exposicións e actividades culturais e turÃsticas pasan a ocupar os seus claustros. AÃnda algúns deles manteñen a súa actividade como sede para pequenas comunidades de monxes. As propostas son variadas, pero en xeral, existe un interese renovado por recuperar e manter estes monumentais espazos con funcións para a sociedade. Segundo explica Felipe Arias, director xeral de Patrimonio, "a situación actual dos mosteiros é un reflexo da situación de Galicia. Hai mosteiros moi ben conservados, outros que teñen un estado regular e aÃnda outros mal conservados e en ruÃnas. Hai mesmo casos en que se deu un emprego incontrolado destes conxuntos e de elementos coma os claustros ou as salas, pero é normal, os mosteiros son tan numerosos que dá para todo tipo de situacións".
Aloxamentos no claustro
O mosteiro de Monfero, unha das xoias do barroco está a ser rehabilitado para se transformar nun establecemento de Turismo Termal. O de Acibeiro hai xa anos que ofrece aloxamento no rural de Forcarei. En Oia, a promotora Vasco Gallega mantén o seu proxecto de facer un centro de Talasoterapia e unha residencia da terceira idade. Mentres, Santo Estevo de Rivas de Sil mantén unha ampla actividade como parador. "Nos últimos tempos, por razóns obvias, está a se lle dar unha utilidade turÃstica. Un refectorio pode ser un estupendo comedor, e unhas celas dar uns bos cuartos", sinala Felipe Arias. Ademais, ao seu grande atractivo monumental súmase polo xeral a súa localización en contornos privilexiados. Neste sentido, desde Patrimonio teñen clara a necesidade desta achega de capital privado para conservar este monumentos. "A administración non ten recursos abondo para encargarse de todos os mosteiros e restos de cenobios", apunta. "Os empregos hostaleiros non son malos, pero hai que controlalos moitos para que non se perda o carácter monumental do mosteiro se continúe considerándose patrimonio".
Os problemas das obras
Segundo nos explica Jacobo González Fernández, historiador e autor dunha comunicación sobre Santo Estevo no recente congreso "Opus Monasticorum", "o que aconteceu con este mosteiro é bastante representativo do que aconteceu con outros, en todo caso, a peculiaridade pode ser que antes da recuperación, o estado era bastante ruinoso, e que hoxe a súa recuperación é total". A respecto da recuperación destes edificios, advirte que "os mosteiros teñen a súa principal problemática no grande tamaño que posúen. Reconvertelos para novas funcións require un programa moi amplo. Ademais, as súas peculiaridades arquitectónicas esixen un traballo complexo que debe xurdir necesariamente dun programa multidisciplinar". Nese sentido, este especialista valora as posibilidades que o emprego turÃstico achega a estes procesos de rehabilitación. "Estas intervencións requiren un programa moi amplo, e en ocasións pódense abordar coa súa conversión para empregos hoteleiros. Noutros casos aÃnda haberÃa que mirar outro xeito de sumar empregos que permitisen a súa recuperación".
Os debates
"Sempre hai un debate porque se dan intervencións afortunadas e outras que non o son tanto, apunta Arias. "A min hai pouco comentábanme por exemplo que a intervención en Santo Estevo de Ribas de Sil foi moi forte, haberá quen vexa que ese foi o xeito de o salvar. O mosteiro de Celanova poderÃa ser este caso, ou San Vicente do Pino en Monforte". Como puntos cando menos polémicos destes procesos está o feito de que, ao seren negocios, restrÃnxese en boa medida o acceso do público ao conxunto. "Todos os mosteiros declarados Ben de Interese Cultural teñen que ter un réxime de visitas gratuÃta un mÃnimo de catro veces por semana. Na maior parte dos casos, os paradores e outros establecementos deste tipo teñen rutas establecidas", apunta Arias.
A opción cultural
A pesar de que o proceso de transformar claustros, refectorios ou celas en salas de exposicións e concertos, museos ou contedores culturais do máis variado tipo é complexo, as iniciativas neste sentido non faltan tampouco no paÃs. Quizais unha das máis coñecidas, e non das máis actuais, foi a restauración do mosteiro de San Domingos de Bonaval, en Compostela, para acoller o Museo do Pobo Galego, xa en 1976. Na outra banda, as propostas máis recentes neste sentido foi a recuperación do mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume, que abrÃa as súas portas aÃnda o pasado mes de abril sen contidos especÃficos polo momento. Existe xa a proposta da Deputación da Coruña de facer no lugar un museo que recolla a historia da fundación e desenvolvemento do cenobio en tan afastado lugar. Dun xeito semellante, están a se desenvolver obras no mosteiro de Carboeiro de cara a empregalo con fins culturais que aÃnda están por rematar de se definir. De calquera xeito, o problema continúa a ser compatibilizar o emprego que sexa coa conservación do carácter do conxunto.
Propostas históricas
Non debemos pensar, no entanto, que as opcións turÃsticas e mais a culturais son as únicas saÃdas que poden ter os nosos mosteiros. En Celanova, por exemplo, temos un caso destacado de reciclado dun destes edificios relixiosos. O mosteiro de San Rosendo acolle nas súas amplas instalacións, entre outros servizos, un centro social para a terceira idade, un instituto, as oficinas do Concello e mesmo unha oficina do Servizo Galego de Colocación, sen que iso impida que exista tamén un servizo de visitas guiadas. E é que a reutilización dos mosteiros, cun maior ou menor respecto polas súas caracterÃsticas arquitectónicas ou patrimoniais, comezou practicamente ao pouco de seren abandonados polos monxes nos procesos de desamortización. A nivel histórico encontramos toda unha variedade de empregos para estes centros. De feito, este mesmo edificio foi empregado no seu dÃa como cadea (nos tempos da Guerra Civil), San Francisco en Ourense serviu moitos anos como cuartel,ou Montederramo acolleu unha escola, situación que compartiron moitos outros conxuntos. En Compostela, sen ir máis lonxe, o mosteiro de Santo Agostiño acollÃa aÃnda a comezos do século XIX o Liceo da Xuventude (e os comezos da carreira de RosalÃa de Castro como actriz), e reconverteuse tempo despois como Colexio Maior.
Casos e casos
Hai aÃnda casos curiosos, coma o de Santa Catalina de Monte Faro, en Mugardos. Logo de restaurado este edificio, o concello cedeulle a súa xestión a varias asociacións locais. Na actualidade o espazo alberga unha pequena cantina a cargo da Asociación de Amigos de Santa Catalina. Este sistema de xestión ten dado pé a polémicas polo feito de que se lle ten alugado a colectivos de motoristas que aproveitaron para organizar unha festa (con striptease incluÃdo) en tan incomparable marco. AÃnda que xa van aló seis anos desde a cesión ao concello de Mugardos do edificio, están pendentes de realizar diferentes obras de acondicionamento do mesmo e unha grande parte dos seus espazos permanecen sen función públicas e nun importante estado de degradación. Evidentemente non é un caso único.
Gardar a ruÃna
Quizais a aposta máis minoritaria no noso paÃs é a conservación dos restos monásticos como ruÃnas. "Pódese rehabilitar para mantelos como ruÃna consolidada", explica Arias. Esta proposta implica unicamente accións de consolidación que evitan que o conxunto se continúe degradando. "Isto é algo que se dá moito nos paÃses anglosaxóns, alà non é estraño que haxa mosteiros en ruÃnas que son enclaves turÃsticos" completa. Nese sentido quizais o caso máis destacado son os restos do convento de Santo Domingo, en pleno casco urbano de Pontevedra, do que se conserva unha parte en ruÃnas desde o século pasado. Neste sentido, o director xeral considera que Carboeiro era o caso óptimo para este tipo de intervención: "Persoalmente terÃao deixado no seu dÃa como estaba, a xeito de ruÃna consolidada, era o encanto que tiña. SerÃa un caso excelso de como chega a nós un elemento do patrimonio medieval".
Seguir no mesmo traballo
Evidentemente, queda aÃnda outra opción para os espazos deste tipo, que é continuar coa súa función orixinal. A pesar da escaseza de vocacións para a vida monacal son varios os mosteiros galegos que albergan aÃnda hoxe unha comunidade de monxes. Oseira, Sobrado dos Monxes ou Poio continúan a ver como os seus claustros son escenario dos paseos calados de persoas entregadas á espiritualidade. En ocasións este emprego compatibilÃzase con pequenos usos hostaleiros e cun tamén restrinxido dereito de visita. Un caso representativo é tamén o de San Martiño Pinario, que funciona ao tempo como seminario e oferta aloxamento, ademais de manter unha boa cantidade de oficinas eclesiásticas e de achegar espazos para exposicións periódicas. Evidentemente os camiños polos que podemos manter con vida estes grandes complexos son moi variados, e a conxunción de factores patrimoniais, económicos e sociais varÃan en cada caso. De calquera xeito, hai que buscar novos camiños para que estes xigantes poidan continuar con vida.