Os coruñeses están volcados en que o seu icono, a Torre de Hércules se convirta en Patrimonio da Humanidade. O último apoio conseguido nesta carreira de marchas chegou onte desde o ámbito polÃtico. E é que todos os grupos municipais aprobaron por unanimidade unha declaración para respaldar a candidatura do faro ante a Unesco. E este organismo tamén está no punto de mira doutros polÃticos, a Deputación de Lugo, que presentará a oficialmente a candidatura da serra de Os Ancares pra que sexa declarada Reserva da Biosfera.
A Coruña pide
Primeiro foi unha iniciativa da Real Academia de Belas Artes, que caeu en saco roto ben porque non se presentou formalmente nunca (fontes do concello aseguran que nos seus arquivos non costa ningunha proposta desta entidade) e logo callou nun grupo de persoas que decidiron levar adiante este propósito. Foi asà como xurdeu o Instituto de Estudios Torre de Hércules que é o encargado de levar adiante esta proposta. E se a semana pasada advertiu con iniciar unha serie de campañas populistas para conseguir un maior apoio popular (con macroconcertos con estrelas do mundo da música como U2 ou The Rolling Stones), onte conseguiu o respaldarazo de toda a corporación municipal. A casa consistorial realizou onte unha xuntanza na todos os grupos polÃticos se uniron para sumar os seus apoios no primeiro intento deste reto. Sen embargo, non todo foi un canto a unha soa voz, senón que houbo matizacións por parte dos grupos polÃticos. Pola súa parte o PP advertÃu que botaba en falta que en toda a campaña de apoio non se fixese unha relación entre a historia da torre e a de Galicia. Pola súa banda, os grupos nacionalitas incidiron en que isto non se deberÃa de aproveitar para que ningún grupo municipal acapare todo o protagonismo, unha chamada de atención na que retaba ó concello a non aproveitar este fenómeno con fines partidistas.
E Lugo tamén
Logo da concesión do titulo de Patrimonio da Humanidade á muralla lucense, a deputación que, xa está acostumada a este tipo de trámites está a facer as súas reivindicacións. E agora todas as súas miras están postas en dous proxectos que teñen que ver coa defensa da natureza (aÃnda que un está moito máis madurado que o outro). En primeiro lugar o vindeiro mes de maio, a deputación lucense presentará ante a Unesco a candidatura da serra dos Ancares a Reserva da Biosfera. Un proxecto que afecta ós concellos de Becerrá, Cervantes e Navia de Suarna. Con esta declaración, que pasarÃa a ser a primeira de Galicia, o que se pretende á facer compatible o desenvolvemento da naturaleza co desenvolvemento sostible. Pola necesidade de conseguir un maior apoio social ante esta iniciativa, a deputación organiza para este domingo un viaxe á Reserva da Biosfera de Somiedo en Asturias.
O segundo dos proxectos nos que está a traballar a deputación lucense e o que corresponde ás Terras do Miño (que abrangue 26 municipios). Para esta idea, que aÃnda está pouco madura, o presidente da Deputación contou xa co asesoramento do presidene do Instituto Ibérico de Medio Ambiente e membro do comité Hombre e Biosfera de España, Carlos Otero.