A Xunta promove en Nova York unha semana gastronómica para potenciar o turismo de Galicia

NY come lacón

O Rockefeller Center é, ademais dun dos edificios máis céntricos de Nova York, un dos emblemas dos Estados Unidos. Por iso, que unha representación de cociñeiros galegos ofreza unha cea neste lugar resulta un dos escaparates publicitarios con maior proxección para a nosa gastronomía. A cea tivo lugar onte e inclúese dentro dos actos organizados pola Xunta (a través de tres consellarías) desde o 6 ao 17 de novembro para promover Galicia como destino turístico e gastronómico nos EE UU, un mercado “atractivo” e con alto poder adquisitivo.

Máis información no web da Xunta