En tempos nos que a cultura escrita era só para unha elite, actuaron como preservadores e difusores de saber. Foron centros para a introdución de novos cultivos, innovacións e estilos artísticos. Asentaron a relixión en contacto co pobo e co campo, estiveron nos xermolos das cidades e configuraron en boa medida a nosa Xeografía e Historia. Desde hai máis de mil anos, os mosteiros mantéñense como unha parte importante do legado de Galicia. Agora, a xornadas Opus Monasticorum lembran a súa importancia.
"Vistos desde a perspectiva actual, os mosteiros son, cada un na súa época, un dos eixes fundamentais da nosa historia". Así de rotundo se amosa Ángel Sicart, codirector do simposio Opus Monasticorum e doutor en historia da arte. A importancia destes centros non nos debe estrañar dada a súa grande implantación no noso país, especialmente a través das ordes beneditinas de Cluny e do Císter. "É obvio que en Galicia está un dos grandes epicentros a nivel non só hispano senón tamén europeo. Non se pode falar do mundo monacal de Europa Medieval sen mencionar Oseira ou Sobrado", asevera Sicart.
Os homes dos mosteiros
"A grande maioría de intelectuais do noso país, dun xeito ou doutro, procede de mosteiros ou ordes relixiosas", lembra Sicart. Neste sentido, a lista tería que comezar ben cedo, con nomes coma ou San Martiño de Braga, no século VI, grande evanxelizador dos suevos, ou San Frutuoso, xa no século VII, que "facilitaron moitísimo o desenvolvemento intelectual do momento, e aínda somos debedores deles", segundo este profesor. No X non podemos deixar de falar de San Rosendo, fundador do mosteiro de Celanova, mentres que xa metidos no século XVIII brillan aínda as figuras de Frei Martín Sarmiento e do Padre Féijoo. Aínda se pode alongar a lista con figuras coma a de Frei Rosendo Salvado durante o século seguinte, e as que quedan. E é que a importancia destes lugares coma centros de saber mantívose desde os seus comezos ata que a exclaustración e a desamortización do século XIX acabaron en moi grande medida cun mundo que comezara mil anos antes.
Arquivos e bibliotecas
Ten moito que ver coa aparición destas figuras intelectuais a importancia fundamental das bibliotecas destes espazos na difusión da cultura no seu momento. "As bibliotecas dos mosteiros eran importantísimas, supuñan unha destacada reserva cultural que todos tiñan" apunta Sicart. Canda a esta función no seu propio contexto, estes espazos sacros foron tamén depositarios dunha abondosa documentación que desvelou a súa importancia séculos despois de ser creada. "Un dos piares das fontes documentais que temos sobre a Idade Media procede dos mosteiros. Cada un deles tiña o seu tombo, o códice no que se ían incorporando as doazóns e as propiedades, e isto reflectía a actividade do mosteiro", en ocasións mesmo desde a súa orixe e ao longo de séculos. "Toda esta é unha información fundamental nos nosos días para entender as diferentes épocas da Historia", completa o director do evento. De feito, non é estraño que sexan de orixe monacal os documentos máis antigos escritos en galego no noso país, que se están a descubrir aínda nos últimos anos. E iso que boa parte deste legado foi destruído, como tantas outras pezas, no proceso de desamortización.
Vangardas monásticas
De calquera xeito, non debemos pensar nos mosteiros como en grande almacéns do pasado pechados ás innovacións. Antes ao contrario: unha das grandes achegas que fixeron ao noso legado foi servir como principais importadores de estilos artísticos coma o románico, o gótico ou o barroco, que chegaron ao país mediante edificios relixiosos deste tipo. Para alén, "Nos mosteiros instaláronse monxes que tiñan unha bagaxe cultural e desde alí emanaron novidades e coñecementos de todo tipo, tanto relixiosos coma científicos", lembra o Sicart. "Desde un punto de vista técnico, a grande concentración de mosteiros que houbo aquí desde a Idade Media, sumado ao que representaba o Camiño de Santiago, fixo que en cada momento estes centros estivesen instalados na modernidade e que mantivesen na cultura as características esenciais da época". Esta influencia pódese ver, en boa media, na Época Moderna, pola introdución de especies e coñecementos chegados de América. "Os monxes ían predicar e evanxelizar, e ao seu regreso traían especies, coñecementos ou sementes que fixeron dos mosteiros case laboratorios. Pensemos por exemplo nas viaxes de Sarmiento e como trouxo exemplares que aínda hoxe están en Galicia", un exemplo que se podería estender ao eucalipto que nos legou Frei Rosendo Salvado. A un nivel máis utilitario debemos pensar na introdución de técnicas de labranza ou de fabricación de todo tipo de manufacturas que os monxes achegaron ao país desde as súas sedes en Europa.
Ordenación do campo
As estritas condicións de algunhas ordes á hora de seleccionar un emprazamento para os seus mosteiros xerou tamén un xeito de ordenación territorial. Por exemplo, os cistercienses construían os seus asentamentos en lugares especificamente afastados das poboacións (en moitos casos no medio de bosques), o que permitiu a colonización e posta en produción de terras ata entón improdutivas e deshabitadas. "Instaláronse en territorios que foron dinamizando, xa que non eran só os monxes que tiñan que traballar, senón que arrastraban poboacións no seu contorno que ás veces vivían por e para os mosteiros. É o caso por exemplo da aldea de Sobrado, que nace á sombra do mosteiro. Ademais as grandes propiedades que tiñan estes centros ían definindo o territorio de xeito moi claro con actividades de carácter agrícola e gandeiro", salienta Sicart.
Organización da cidade
Se ben as características agrarias dos mosteiros foron exclusivas durante boa parte da Idade Media, a partir do século XII foise producindo a implantación das ordes mendicantes coma os franciscanos nas cidades, nun proceso que axudou á urbanización do país. "Ocuparon territorios importantes á beira mesmo das cidades, e en torno a estes núcleos medraron as propias urbes. Dinamizaron o contorno e boa parte da poboación vivía á sombra destes mosteiros", lembra Sicart, "de feito acontecía que se por algunha circunstancia o mosteiro decrecía ou desaparecía a propia cidade o notaba". A produción agrícola que achegaban os monxes á propia cidade, o seu labor asistencial cos desfavorecidos e mesmo o carácter hospitalario que desenvolvían moitos destes centros explican en boa medida a súa importancia.
A memoria e o futuro
Se ben ao longo da Idade Moderna decaeu en boa medida a actividade monástica e comezou a dependencia dos cenobios galegos de congregacións castelás, a grande fractura neste mundo foi a desamortización das propiedades eclesiásticas e exclaustración de 1836. Obrigados a deixar os seus seculares centros de saber de residencia, iniciouse un período de decadencia no que moitos dos edificios foron inevitablemente á ruína e se destruíron moitos dos fondos documentais que se preservaban no seu interior. "Desde finais do XIX e ata a primeira metade do século XX os mosteiros van recobrando vida, e dos que chegan aos nosos días bastantes manteñen vida monacal", sinala Sicart. "nos últimos trinta anos hai un proceso de rehabilitación con fins hostaleiros de moitos destes edificios". E é que está visto que aínda lles queda alento a estes grandiosos conxuntos. Polo momento, o II Simposio Internacional Opus Monasticorum que organiza a Dirección Xeral de Turismo, fai por lembrar a súa importancia e a grandeza pasada e ver esas posibilidades de futuro.