Industria prepara un plan para evitar que ata 200 científicos galegos marchen do país

Atrapar os estudosos

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Ofrecer estabilidade laboral aos investigadores que traballan en Galicia para evitar a súa emigración. Esta é a idea coa que a Consellería de Industria está a traballar nun programa que quere incentivar a contratación destes profesionais. Entre outras medidas está a idea de unificar o programa Ramón y Cajal, de titularidade estatal co autonómico Parga Pondal. A nova iniciativa, que se comezará a aplicar o vindeiro ano, levará o nome de Manuel Colmeiro. Ademais de investigadores, Galicia tamén perde alumnos universitarios brillantes. Segundo publica hoxe "La Voz de Galicia" ata 200 alumnos con media de sobresaliente marchan cada ano estudar fóra do país.

Máis información en La Voz de Galicia sobre o Manuel Colmeiro; sobre a perda de alumnos universitarios

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Colmeiro, Manuel Colmeiro, La Voz de Galicia, Ramón y Cajal...