Hoxe é a primeira ocasión en que a Xunta de Galicia se suma á celebración do DÃa da Clase Obreira Galega e a coincidir con esta data, o goberno anunciou varias medidas sobre o emprego e a formación. Por unha banda, inÃciase un programa que quere fixar nos campus do noso paÃs os mellores estudantes de bacharelato mediante cincuenta axudas de 3.000 euros. Tamén os mellores investigadores universitarios verán melloradas as contÃas das súas bolsas, que chegarán aos 600€ mensuais e cotizarán á seguridade social. Ao tempo, o Consello da Xunta derrogaba onte o Plan Labora de emprego para a mocidade e o programa de escolas taller, por considerar que non cumpren os seus obxectivos. O Goberno sinalou que pretende elaborar unha normativa máis flexible de cara a potenciar o emprego xuvenil.
Máis información en La Voz de Galicia sobre a celebración do 10 de marzo; sobre o programa para universitarios, no web da Xunta e noPdf sobre o Consello da Xunta de onte