Recén pechado na mañá de hoxe o prazo de presentación de candidaturas á presidencia da Real Academia Galega, o historiador Xosé Ramón Barreiro continúa a ser candidato único. Na súa edición de hoxe "O Correo Gallego" adiántanos a composición que terá con toda probabilidade o seu equipo directivo, no que predomina a renovación. E mentres se ultima a elección de novo presidente na RAG, continúa a polémica sobre a reforma normativa. Isaac Díaz Pardo critica o isolacionismo lingüístico nun artigo mentres os diferentes grupos reintegracionistas fan público un manifesto unitario e de liñas de acción conxuntas como resutado da xuntanza que mantiveron o pasado sábado.
Caras novas na directiva
Recén rematado esta mesma mañá o prazo de presentación de candidaturas á presidencia da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro continuaba a ser o único aspirante a suceder a Francisco Fernández del Riego á fronte da institución.
A negativa de Constantino García a optar ó posto, como fixera nas anteriores eleccións, despexa aínda máis as dúbidas sobre quen será o vindeiro presidente. "O Correo Galego" adianta hoxe a composición da futura directiva da Academia que deberá elexir Barreiro. Segundo este xornal o posto de secretario, ata o de agora ocupado por Constantino García, pasaría a mans de Manolo González, filólogo e membro do Instituto da Lingua Galega (ILG) e un dos promotores da polémica reforma normativa.
O arquitecto Andrés Fernánez-Albalat ocuparía o posto que ata o de agora veu desenvolvendo Barreiro na RAG, o de tesoureiro. Salvador García Bodaño sería, segundo o xornal, outro dos nomes para a nova directiva, que se completaría con Gil Merino que continuaría no seu posto de arquiveiro.
Agárdase que á xuntanza acuda a maior parte dos vinteoito membros da Academia. De calquera xeito, só 26 teñen dereito a voto, dado que Rosario Álvarez e Francisco Díaz Fierros aínda non leron o seu discurso e non son membros de pleno dereito. Ademais, non se agarda a presencia de Domingo García-Sabell, que hai anos que non acude ás xuntanzas por problemas de saúde, nin o monseñor Araúxo Iglesias, bispo xubilado da diócese Mondoñedo-Ferrol, que non participa na RAG desde hai máis de quince anos.
Aportacións a polémica
A polémica sobre a reforma normativa continúa aínda que cunha menor intensidade. Isaac Díaz Pardo editou onte en "La Voz de Galicia" un artigo titulado "Os especialistas" no que critica os esforzos de certos intelectuais "para que Galiz anon se acerque á lingua de Portugal". O veterán galeguista quere evitar polémicas e sinala que "non quero descalaficar a ninguén por sentirme disconforme co seu saber especializado" pero ataca ós que "crean que non hai máis na vida que os seus coñecementos e se esquenzan da dinámica histórica e da función social que ha de ter todo coñecemento". Díaz Pardo lembra a escolla etimolóxica para a grafía de linguas coma a Catalán e lamenta que "coa colonización que padecemos, o galego seguirá desaprecendo com lingua coloquial" e "os académicos e semellantes seguirán ollando as súas medallas e o seu embigo".
Tamén coñecemos as conclusións da xuntanza que se celebrou o pasado sábado en Compostela por convocatoria do Movimento de Defesa da Língua (MDL) e na que participaron a maioría de agrupacións que empregan e defende o reintegracionismo ortográfico e numerosas persoas a título individual . Desta xuntanza saíu un comunicado conxunto que se pode consultar no noso especial sobre a reforma. Ademais, os reintegracionistas presentes na xuntanza amosaron a súa intención de iniciar liñas de acción conxuntas para afianzar a súa proposta para a lingua.
Tamén está na fase de recoller apoios o comunicado elaborado o pasado xoves polos diferentes colectivos que apoian a reforma normativa, e que será remitido á Real Academia en vindeiras datas acompañado dunha carta ó presidente da institución, estando aínda sen decidir se se fará público o contido do texto.