Coñécense os gañadores do I Certame "A Tradición oral en Galicia"

Os gañadores da palabra

Xa se coñece o resultado do I Certame "A Tradición Oral en Galicia" organizado polo Consello da Cultura Galega. O xurado escolleu onte os cinco gañadores do lote de libors e CDs de entre os oitenta e dous textos recibidos. Tamén sobre a tradición oral, a parroquia do Viso, en Redondela, vén de pór en marcha un obradoiro de recuperación histórica a través das lembranzas dos máis anciáns da zona. Mentres, o programa Ponte... nas Ondas! organiza unha mostra de oralidade galego-portuguesa na que se recuperarán historias e cantos das dúas bandas do Miño.


I Certame de Tradición Oral

O I Certame de Tradción Oral organizado polo Consello da Cultura Galega a través de culturagalega.org xa ten gañadores. Logo de reunirse onte o xurado decidíronse as cinco persoas que recibirán cadanseu lote de libros e de CDs valorado en 120 euros.
Os cinco traballos elexidos onte polo xurado foron:
Rufina e o galo: Un romance que versa sobre unha pastora que abandona o seu gando polo seu novo amor, enviado por Víctor Alonso Barja.
A moura da Tapada de Almestro: Unha tradicional historia de mouros na que o salvador debe liberar a unha moza encantada convertida en serpe. O gañador por este relato foi Manuel González Rodríguez.
A Gala: Unha f—rmula de cantiga de traballo ata agora desco–ecida en Galicia. Unha muller lle suxire a outra os mozos que poden ser os seus noivos, e a outra vainos rexeitando ou aceptando un por un. A cantiga foi enviada por Montserrat Rivera Crespo.
Remedio dunha enfermidade basada en crenzas populares: Un compendio de remedios populares para quitar o mal de aire, unha das m‡is importantes "doenzas" da sociedade tradicional galega. Enviouno Manuel Casais desde Nova York.
A disputa da herdanza: Este Ž un relato moi estendido na literatura tradicional europea pero que ata agora non ti–a unha versi—n en galego. Tr‡tase de discernir cales son os fillos verdadeiros ‡ hora de repartir a herdanza da familia. Tania Villadóniga foi quen recolleu este texto.
O xurado, composto Henrique Monteagudo, Marcial Gondar, Xesús Mariño Ferro, Xosé Manuel Reboredo e Paulino Novo, actuando coma secretarios Manuel Gago e Pilar Faxil, tivo en conta a orixinalidade dos textos recollidos e que estes supusexen novas achegas ó estudio da nosa tradición oral.
O xurado quixo facer mención ó traballo desenvolvido polos alumnos do Colexio Compañía de María de Ferrol, do instituto Manuel Leiras de Friol, o IES Pazo da Mercé das Neves, do IES Eduardo Avila da Veiga, o IES Díaz Moreno de Baralla, do IES Manuel Leira de Lugo e do instituto San Mamede de Maceda pola súa contribución ó coñecemento e á investigación do patrimonio oral galego entre as novas xeracións.





A historia pola palabra


"A nosa historia" é o título do obradoiro que se vén de pór en marcha na parroquia redondelana do Viso para que os veciños coñezan mellor a historia desta zona. Este obradoiro, organizado polas tres asociacións veciñais das parroquia, dos barrios de Tuimil, Saramagoso e A Nogueira en colaboración coa Concellería de Participación Cidadá iniciouse localizando, en cada un destes barrios, persoas maiores dispostas a contar as súas lembranzas ante os veciños. O pasado martes realizouse a primeira sesión deste obradoiro, no que participan máis de trinta persoas maiores de setenta anos. O programa prevé que se realicen catro sesións deste tipo de dúas horas de duración cada unha, entre o martes e o venres no Centro Social de A Teixeira. O encontro do martes acadou un grande éxito de público entre os veciños que, segundo os organizadores, "saían moi animados e con gaña de participar". Está previsto que toda a información recompilada nestes encontros se elabora nunha publicación que permita coñecer a historia da zona.











Oralidade galego-portuguesa


O vindeiro trece de abril e dentro das actividades da VIII edición de Ponte... nas Ondas! celebrarase no Auditorio Caixanova de Vigo unha mostra de oralidade galego-portuguesa.
Coa intención de divulgar o patrimonio inmaterial galego e portugués, os centros de ensino que participan nesta actividade organizan para as sete da tarde un encontro no que participarán destacados músicos das dúas bandas do Miño. Grupos coma a Xisra de Coruxo, Cantares do Minho ou Malvela, e solistas coma Uxía Pedreira, Pilocha, Uxía Senlle, Mercedes Peóns ou Guadi Galego interpretarán diferentes pezas populares. Por outra banda, Mini e Mero e Pancho Álvarez encargaranse de amosar os romances e cantares de cego e Pinto D´Herbón, Luís Caruncho e Augusto Gonçalves amosan as variedades de canto improvisado desta zona. Contacontos, mostras das xirias gremiais dos cesteiros de Mondariz e dos cabaqueiros do Rosal e a aportación do angolano Alberto Mbundi completan o programa.
O acto, aberto ó público, contará coa asistencia de centros educativos das dúas bandas do Miño.