Aloxamento con “encanto” e o enoturismo son os principais reclamos da oferta turística galega

Galicia como destino

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Esta fin de semana Silleda acolleu unha nova edición de Turisport, o salón do turismo ao que acudiron nova maiorístas foráneos, responsables de programar as viaxes turísticas ao noso país. Dos espazos presentados coa oferta galega o que máis demanda tivo foron as rutas do viño galego (o enoturismo) e os aloxamentos con encanto. O salón coincidiu no tempo coas declaracións de Xesús Pedreira, director-xerente de Turgalicia que apuntou que este ano teremos o mesmo número de visitantes que nos Anos Santos malia o revés turístico que provocaron os lumes do pasado mes de agosto. Por último, Felipe Arias presentou a idea de retomar a elaboración dun Plan Especial de Protección do Camiño de Santiago, ao que cualificou como “a nosa mellor tarxeta de presentación”.

Máis información sobre Turisport en La Voz de Galicia e a entrevista a Xesús Pereira en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Camiño de Santiago, Turgalicia, La Voz de Galicia...