De bares, Un franco, 14 pesetas, A casa da miña avoa, Camarón e Os aires difíciles teñen común dúas cousas. Por unha banda que son producións con capital galego e, pola outra, que fan parte da sección Spanish cinema coa que a 51ª edición da Seminci de Valladolid, pretende dar a coñecer o audiovisual estatal á prensa internacional presente no festival. Non será a única sección na que se pode ver mostras do cine galego, xa que no ciclo dedicado a Pedro Olea recupérase o O bosque do lobo (1969) filmada en Celanova, Tui e Verín e Xantares, un documental de media hora no que sae Álvaro Cunqueiro como experto gastrónomo. Seguindo con festivais, o de Ourense acaba presentar a gala inaugural na que se proxectará a produción de Filmax Miah Sarah (a estreare en nadal) e na que Emilio Gutiérrez Cava recibirá o Premio do Concello.
Máis información no web da Seminci e sobre o Festival de Ourense na nosa hemeroteca e no seu web