Os candidatos á presidencia da Real Academia coñeceranse mañá

Chegan as candidaturas

O proceso de elección dun novo presidente para a Real Academia Galega (RAG) continúa a bo ritmo. Apenas quince días despois do abnadono do cargo por parte de Franciso Fernández del Riego, o plenario da RAG reuniras mañá para coñecer ás candidaturas a sucedelo no posto. Polo de agora, a única confirmada é a de Xosé Ramón Barreiro, actual tesoureiro en funcións. Ademais de escoller un novo presidente, a Academia continúa a súa actividade asinando mañá un convenio coa Universidade de Santiago e coa Fundación Germán Sánchez Ruipérez para realizar un estudio sobre o mundo do libro no país.


Entre mañá e o vinte



A sesión plenaria que celebrará mañá a Real Academia Galega servirá para coñecer os candidatos a suceder a Francisco Fernández del Riego na presidencia desta entidade.
Polo de agora a única candidatura recoñecida públicamente é a de Xosé Ramón Barreiro, actual tesoureiro en funcións, que deberá ser presentado ó plenario como candidato por outros tres académicos para poder aspirar ó posto. Barreiro non deu a coñecer ata o de agora quen serán os encargados de realizar esta presentación.
Logo de ser presentado, Barreiro deberá realizar unha proposta de directiva para a RAG, unha directiva na que permanecerán algúns dos membros actuais aínda que "haberá lagunhas novidades, entre outras a do tesoureiro", sinalou o candidato.
Xosé Ramón Barreiro está visto coma o máis probable substituto de Del Riego logo de que académicos coma Constantino García anunciasen que non se ían presentar á elección. Ademais, Barreiro está considerado coma un candidato de consenso entre as diferentes correntes da Academia.
A elección final celebrarase o vindeiro día vinte de decembro nun pleno extraordinario convocado para as seis da tarde na sede da RAG na rúa Tabernas da Coruña.
Deste xeito o proceso de elección completarase en menos dun mes, cando os estatutos da institución prevén un prazo máximo dun mes para presentar candidaturas e de tres meses para completar o proceso de elección.













Estudiar o libro



A Real Academia Galega (RAG), a Univesidade de Santiago (USC) e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez asinarán mañá un convenio para realizar o proxecto de investigación "A edición e o libro en Galicia, hábitos de lectura e formas de acceso ó coñecemento na sociedade do século XXI".
Este estudio pretnede realizar un estudio de campo para coñecer, cuantificar e analizar a realidade do libro en Galicia nos seus máis variados aspectos. Así, analizarase desde a industria editorial e os seus axentes ó entorno sociocultural da lectura ou os factores que inciden no desenvolvemento do libro. A dirección do proxecto estará a cargo do profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación, Víctor Freixanes.