Un equipo de veterinarios recupera unha especie de galiña autóctona

A pita recuperada

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Á galiña de Mos, ata o momento a única con denominación de orixe autóctona que había en Galicia, acáballe de saír competencia no curral. Trátase da galiña piñeira, unha variedade que estaba a piques de extinguirse de non ser por un proxecto de recuperación levado a cabo polo Colexio de Veterinarios de A Coruña. A presentación en sociedade da galiña piñeira será o vindeiro martes nunha degustación organizada por este colectivo que investiu preto de dous anos en recuperar este animal que se relaciona con outras colonias de aves de tipo celta atopadas en varios puntos de Europa. O colexio pretende que a Xunta a catalogue como especie protexida no 2007.

Máis información en La Voz de Galicia e sobre cultivos e especies gandeiras tradicionais na nosa reportaxe

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Chega o Día de Defuntos

Chega o Día de Defuntos

Explora os contidos do portal en relación a este día clave na sociedade tradicional

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Celta, La Voz de Galicia, Europa...