Neste 2006 estamos a celebrar unha serie de centenarios de institucións e de produtos que, dun xeito ou doutro, configuraron a realidade galega do século XX. Desde a fundación da Real Academia Galega ao nacemento de Estrella Galicia, voltamos a vista a uns tempos que nos parecen moi afastados pero cos que temos aínda moitos elementos comúns. A coincidir coa estrea na televisión "A casa de 1906", repasamos como era o país entón, cunhas cidades en rápida transformación cara á modernidade.
É certo que hai cen anos Galicia era un país eminentemente rural. Pero canda a ese mundo tradicional, que se mantiña con poucas mudanzas desde había centurias, estaba a se desenvolver, aos poucos, unha Galicia urbana e industrial, en rápida mudanza, que nos deixou unha serie de herdanzas que aínda hoxe fan sentir a súa influencia. En 1906 encontrámonos unhas cidades ben máis pequenas das que coñecemos hoxe. Xa sen murallas pero aínda concentradas maioritariamente nos cascos históricos. Se hoxe vemos como vai chegando a fibra óptica aos diferentes cascos urbanos, hai un século era o tendido eléctrico o que se espallaba. Pontevedra fora en 1888 a primeira cidade galega e a segunda do Estado e contar cun alumeado público con este sistema. Nos anos a seguir fóronse sumando as diferentes urbes (Lugo aínda en 1899) e aos poucos os farois eléctricos chegaban a máis e máis vilas. A corrente nas casas xa era algo que se desenvolvía máis lentamente, ao igual que o servizo de augas, que aínda demoraría en se instalar. Mentres nos nosos tempos o lixo que deixa o botellón é un dos problemas que máis se repiten nas vilas, daquela a falta de saneamento e a presenza de animais de granxa en moitas das vivendas urbanas eran os principais problemas neste sentido. Unha boa diferenza é que non había os actuais problemas de tráfico. Tirando os primeiros coches e camións eran as dilixencias, bicicletas, cabalos e burros os vehículos que se empregaban nas cidades.
Novos movementos políticos
A nivel político, nese comezo do século XX mantíñase o sistema caciquil que imperou ao longo do XIX, pero van aparecendo correntes que participarían activamente na democratización da sociedade. "Estamos en plena Restauración. Morreron os grandes líderes dos partidos pero o sistema segue funcionando" explica Prudencio Viveiro, historiador especializado neste período. "No Rexionalismo funciona bastante a Liga Gallega, na Coruña, con nomes coma Murguía ou os irmáns Vilar Ponte, e estase no comezo do Agrarismo". A unión destes movementos, con outras correntes minoritarias excluídas da política oficial estaba a se organizar en 1906 e daría, o ano seguinte, no nacemento de Solidaridad Gallega. Estes avatares políticos (e os ecos de sociedade) seguíanse nos numerosos xornais que se editaban na época, moitos deles de ámbito local. Xa daquela estaban dispoñibles cabeceiras coma "Faro de Vigo", "La Voz de Galicia", "El Correo Gallego" ou "Diario de Pontevedra", que se manteñen nos nosos días.
Estudar e ler en castelán
Claro que non todo o mundo podía acceder á prensa. Nesta época, boa parte da poboación está por escolarizar, aínda que existen diferentes iniciativas educativas, moitas delas sostidas pola emigración americana e polos círculos de artesáns. Por exemplo, no primeiro número de "A Nosa Terra", de 1907, saúdase os centros de cultura como "la Real Academia Gallega, el Ateneo de la Reunión de Artesanos, la Universidad Popular de La Coruña, Ateneo Ferrolano y Ateneo León XIII de Santiago que tanto contribuyen a elevar el nível intelectual de Galicia". E si, o saúdo está feito en castelán. Daquela o galego continuaba a ser unha lingua empregada en contadas ocasións fóra do discurso oral, mesmo polos propios galeguistas que escribían maioritariamente en castelán os seus artigos. "O galego empregábase sobre todo no rural e para falar. Na escrita, cando aparecía en publicacións era sobre todo en composicións líricas" asegura Viveiro. "O común era consideralo un dialecto do castelán, pero hai que ter en conta que en 1906 nace a Academia, con vontade de elaborar un dicionario e unha gramática propios dun idioma".
A institución do paseo
Fóra de horas de traballo, unha cita habitual nas cidades do país era o paseo. "Era toda unha institución. En Santiago, en Ourense ou en Oviedo dábase un ritual moi ben estruturado e regulamentado", explica Herminia Pernas, autora dunha tese sobre as clases populares nas cidades galegas de finais do século XIX. "En Santiago, por exemplo, a Alameda ten tres rúas, unha central para os señoritos, logo outra para as clases altas e unha última para os obreiros. As clases altas paseaban practicamente todos os días, en especial domingos ou cando tocaba a banda. As clases traballadoras imitábanos cando podían, se tiñan tempo".
Deportes populares e saúde
En tendo posibles, había xa daquela quen aproveitaba o seu tempo libre para ir ao ximnasio, nun momento no que tamén comezaban se implantar os baños e as actividades ao aire libre como algo positivo para a saúde. Claro que daquela non se practicaba aínda o aeróbic e os exercicios de musculación eran algo diferentes. Sí se ensinaba, por exemplo, a esgrima, aínda que os duelos con espada non eran xa comúns. Proba da popularidade que ía acadando o deporte está na fundación de clubs de Fútbol como o propio Real Club Deportivo da Coruña, que naceu precisamente arredor do coñecido ximnasio herculino "Sala Calvet" o mesmo ano que a Real Academia. Sempre a falar das clases con máis cartos, os balnearios eran daquela un centro decisivo da vida social, e o de Mondariz estaba nun dos seus momentos álxidos, co Gran Hotel inaugurado sete anos antes, un tranvía Mondariz-Vigo e mesmo co semanario "La Temporada en Mondariz" en marcha. Moitos destes establecementos aproveitaban para lanzar as súas propias augas embotelladas, e así nacía, por exemplo, Cabreiroá.
Os bailes e as festas
Mesmo sen de discotecas, podíase ir bailar. "Había bailes privados e organizados polos casinos, círculos de artesáns e sociedades semellantes", apunta Herminia Pernas. De calquera xeito, aínda que estas celebracións se desenvolvían ao longo do ano, as festas grandes eran, coma hoxe, as patronais. Citas coma o Apóstolo, o San Froilán ou a Peregrina xa eran imprescindibles hai cen anos, e a elas sumábanse a multitude de romarías do rural. Claro que, a falta de "triunfitos", as actuacións corrían a cargo de bandas de música. "Se a festa era de cidade tocaban bandas militares ou municipais. Nas festas ourensás do Corpus, por exemplo, está documentado que viñan bandas de varias provincias españolas e mesmo de Portugal", sinala Herminia. "En romarías e festas con menos orzamento a falta de banda tiñan murgas con cornetín, clarinete, bombardino, baixo e tambor, ou bandas de gaiteiros". Tamén se empregaban para festas varias os pianos de manubrio. En canto a ritmos, o trance aínda non se impuxera, pero había unha boa variedade. "A partir de 1900 as bandas xa comezaban a tocar ritmos europeos coma mazurcas, valses e polcas. Un detalle curioso e que naqueles anos a igrexa fixo unha campaña tenaz contra certos tipos de baile, coma o valse e máis a polca, e había cregos que se negaban a confesar as freguesas que os bailasen". E é que xa daquela a xuventude estaba botada a perder.
A música de moda
En non habendo radio (neste anos facíanse as primeiras emisións en Estados Unidos), para escoitar música na casa había que tocala.. Especialmente nas de boas familias, os pianos, violíns e outros instrumentos clásicos non eran raros. A un nivel máis popular, a música tradicional transmitíase sen moitos problemas e ía absorbendo influencias contemporáneas. En canto a pezas cotizábanse daquela autores galegos coma Adalid, Baldomir, Chané, Montes, Piñeiro ou Veiga, que creaban composicións con "aires galegos". Teatro e concertos eran outros entretementos de éxito, especialmente a zarzuela, que contaba cunha grande aceptación entre as clases populares.
Para ir de copas
Á hora de ir de copas as opcións eran algo reducidas. Cafés para señoritos, cunha ampla variedade de bebidas, e tabernas para o pobo, onde o viño e a augardente eran os produtos fundamentais. O consumo crecente de cervexa fixo que nacesen iniciativas coma "Estrella de Galicia", seguindo experiencias previas de fabricación no noso país. Exemplo disto foi a fábrica que, cara a 1875 se instalara en Vigo e que servía, sobre todo, a ingleses que traballaban no porto. Canda a estas, en 1906 xa se podían encontrar en diferentes establecementos do país marcas coma a madrileña "Águila". O tabaco era común e aceptados en bares, locais e todo tipo de establecementos. De xeito moi minoritario dábase xa o consumo de substancias coma o haxix, o opio, a morfina ou a cocaína, ben por prescrición médica ou con fins puramente recreativos. O propio Vicente Risco, que se licenciaba neste ano en Compostela, tivo as súas experiencias co kif, segundo el mesmo recoñecía.
Vangardas clásicas
O Risco destes anos é un exemplo de dandi de boa familia con afeccións vangardistas. Coma el, eran moitos os mozos con inquedanzas intelectuais que fuxían das correntes do naturalismo imperante na prosa, con representantes coma a propia Emilia Pardo Bazán, e do modernismo poético do momento. E vangardas non faltaban. Nun momento en que o breve movemento do fauvismo era a corrente dominante na pintura de París, Picasso estaba a revolucionar a arte con "As señoritas de Aviñón". Para os inconformistas do país, estaban na moda autores coma Baudelaire, Rimbaud, Ibsen, D´Annunzio ou Nietzsche, todos eles ben queridos por Risco. Canda a eles, a filosofía oriental e o ocultismo en xeral chegaban ás pequenas elites ilustradas galegas. En moitos casos eran as revistas ilustradas francesas, auténticas guías de estilo, as que marcaban as tendencias mediante a súa difusión por correo entre aqueles estudados que lían nese idioma.
Comunicarse e moverse
Precisamente a correspondencia era unha actividade que tiraba o seu tempo nas clases letradas. As cartas eran practicamente o único xeito de comunicación cos seres queridos que se encontraban lonxe (emigrados nun bo número de casos), aínda que xa estaba dispoñible o telégrafo, que permitía rápidas conexións mesmo a través dos océanos. Xa naquel momento se desenvolvían algunhas experiencias puntuais coa telefonía, como a que desenvolvera en Vigo López de Neira, industrial pioneiro que introducira tamén a luz eléctrica na cidade vinte anos antes. O sistema de correos, amplamente desenvolvido, aproveitaba en grande medida a rede ferroviaria, que sen ser enormemente ampla, está implantada coma un sistema normalizado de transporte entre as grandes cidades. Tamén o tranvía tiña os seus adeptos en cidades como A Coruña, onde se inaugurara aínda había tres anos (tirado por mulas, iso si).
En xeral, o país estaba a mudar, e realmente moitas cousas mudaron desde entón. Do que non hai dúbida é que ese comezo de século foi ben fecundo para o noso país. O mesmo alguén que chegase de visita desde aqueles anos non tería moito problema en recoñecer Galicia.