A Fundación Seoane achega nunha exposición a arte como sinal de identidade

Arte con denominación de orixe

A principios do século XX un grupo de intelectuais iniciaron unha campaña para poñer en valor a nosa terra e dignificala. O resultado foi que numerosas obras literarias, pictóricas e escultóricas plasmaron o retorno ao rural, á conservación do campo e un gusto polo detalle da nosa propia natureza. Sobre todo isto versa “Do primitivo na arte galega ata Luís Seoane”, unha exposición da fundación que leva o nome do galeguista e que recolle como a arte contribuíu á valoración da galeguidade.

O retorno ao rural, a valoración da nosa riqueza paisaxística e a volta á esencia que sufriron unha parte de pintores e escritores que viviron nos principios do século XX non foi algo circunstancial. Foi unha revolución que sufriu parte da intelectualidade galega como resistencia ás teses oficiais. José Manuel López Vázquez, comisario da exposición “Do primitivo na arte galega” que organiza a Fundación Luís Seoane explica que “naquel momento había toda unha serie de esquemas e de baremos de perfección da beleza que respondían a dous eixes: norte-sur e oeste-leste. O belo era o que había no sur e no leste, máis coñecido como a España do sol, que se plasmaba na pintura cunha luz esplendorosa ou coa claridade”. Fronte a esa tese comezaron a traballar unha serie de intelectuais que falaban da necesidade de valorar as brétema, o verde, a paisaxe, “por poñer un exemplo, a coñecida obra Os “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro está inscrita nas orixes desta dignificación da nosa esencia.

“A volta á esencia, explica José Manuel López, é un proceso moi longo de construción da identidade nacional que xorde desde o século XIX e ten unha dobre lectura: dunha banda temática e da outra formal”.

O primitivismo polo tema...
Esta volta á esencia e ao rural non é exclusiva de Galicia, senón que entronca con toda unha tradición artística que ten lugar en Europa, como defensa ante a revolución industrial e os procesos de industrialización. Uns movementos que van parello ao interese crecente naquel momento polos pobos que están nos lindes, baixo a idea preconcibida que é onde se conservan os valores, os costumes tradicionais e culturais. Todas estas tendencias se amosaron tamén en Galicia, a través da plasmación de valores espirituais, culturais e sobre todo da paisaxe. Todo isto, explica o comisario “considérase o primeiro elemento que conforma o temperamento dos artistas. Ademais, partindo desta arte lírica, xorde a árte como sentimento, e de aí xorde a saudade, a civilización da memoria, do espírito e, sobre todo, a recuperación do celtismo para a arte".

En canto ao tema, a exposición recolle dous momentos, un no que recupera a cultura galega a través da memoria, do campo e do celtismo. E un segundo, no que existe una identificación da muller como caracterización da cultura. “É a identificación da raza a través da muller e prodúcese, explica Jose Luís, sobre todo nos anos vinte, cando a cultura galega se enche de mulleres de diferentes razas”.

...e pola forma
En canto á forma tamén hai dúas etapas. Unha anterior a 1931 na que segundo Jose Luís “ten lugar o desenvolvemento dos movementos simbolistas, da importancia do gótico e do prerrafaelismo. Ademais, como a pintura galega non ten tradición xorden fóra a buscala. É así como hai un interese polos pintores flamencos e pola tradición xaponesa”. En canto á escultura, como si existe tradición, os escultores deste momento volven aos cánones do románico que chega a defenderse mesmo como consubstancial ao galego.

Despois do 31 chega o postimpresionismo, a pintura da época clásica e, posteriormente as vangardas históricas. A exposición entra aí de cheo en Luís Seoane do que, segundo José Luís López, “mantén a temática coa linguaxe da vangarda”.

Non só na arte
Esa busca da esencia e de dignificar o noso contorno, non foi exclusivo da arte, senón que a través da literatura ou de diferentes ensaios e outro tipo de documentos tamén se produciu esa busca. De feito, todos estes materiais que axudan a comprender a época tamén teñen cabida na exposición organizada pola Fundacion Seoane. "Por exemplo, explica o comiario da exposición, a personaxe de Adrián Solovio en "Arredor de si" (de Ramón Otero Pedrayo) serve para explicar perfectamente o pensamento desta época e non sería lóxico que quedasen fóra"

Esta exposición remata o vindeiro 12 de novembro, pero Jose Luís explica que desde a Fundación Seoane xa se está a traballar na segunda parte. Será dentro dun ano (aproximadamente), cando a mostra recolla como o primitivismo plasmou na arte actual tomando como punto de partida, o propio Luis Seoane.

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Antón Faílde Gago. Maternidad, 1959. Granito

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Antón Faílde. Maternidad, 1959. Granito

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Arturo Souto. Maternidade, ca. 1930. Óleo sobre lienzo

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Cándido Fernández Mazas. Rapaza, 1930. Óleo sobre lienzo

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Carlos Maside. A sesta, 1951. Gouache

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Francisco Asorey. Cabaleiros Negros. 1916. Madera policromada

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Francisco Lloréns. Barca ( Brujas), 1904. Óleo sobre lienzo

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Francisco Lloréns. La ría del Burgo, 1910. Óleo sobre lienzo

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

José María Acuña. Moza Garrida, 1938. Bronce

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Juan Luis. A siesta, 1934. Óleo sobre lienzo

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Laxeiro. Cencerrada, 1950. Óleo sobre lienzo

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Luis Seoane. O Meco, 1963. Óleo sobre lienzo

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Urbano Lugrís. Ola, 1960. Óleo sobre tabla

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane

Xosé Eiroa. Cabeza de muller, s.d. Talla sobre mármol