Poucas semanas despois de rematar o encontro de escritores bascos, galegos e cataláns Galeusca 2001, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) convoca outro foro para reflexionar encol da escrita. O IV Congreso de Escritores Galegos que comeza mañá en Vigo analizará a situación da literatura no país e os procesos da creación literaria, permitindo o intercambio de experiencias e ideas entre os literatos. Este congreso é o último acto que organiza a AELG antes de acometer a renovación da súa xunta directiva, prevista para xaneiro.
Os escritores falan
A Asociación de Escritores en Lingua Galega agarda que máis de medio cento de creadores se dean cita en Vigo desde mañá para discutir arredor do lema "Literatura galega, camiño de futuro".
A convocatoria está aberta, ademais de ós douscentos socios da AELG, a todos os interesados en participar que se acheguen polo Centro Cultural Caixanova de Vigo desde mañá e ata o domingo.
O encontro abrirase mañá coa intervención do alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo e Francisco Fernández del Riego, recén demitido presidente da Real Academia Galega. Na súa intervención, Del Riego realizará un percorrido pola historia da literatura do país.
Será o sábado cado se concentre a actividade do congreso, coa realización da mesa redonda "Creación Literaria, discursos e aventura" que, moderada por Yolanda Castaño, contará coa participación de Xavier Alcalá, Marta Dacosta, Miguel Mato, María Xosé Queizán, Pilar Pallarés e Suso de Toro.
Pola tarde Salvador García Bolaño coordinará o debate sobre "Texto e contexto para a literatura nacional" no que participarán Emilio Xosé Ínsua, Xosé Manuel Millán Otero, Francisco Rodríguez e Luís Villalta.
O peche do congreso realizarase o domingo cunha conferencia do catedrático en Filoloxía Galega e Portuguesa Basilio Losada.
O presidente en funcións da AELG, Xosé María Álvarez Cáccamo, denunciou que "é insuficiente o apoio á literatura e creo que hai que falar de censura de medios de comunicación monopolistas e ó servicio do poder".
AELG
Este encontro celébrase só un mes e medio despois de que que a Asociación de Escritores organizase en Pontevedra o encontro Galeusca 2001 que reuniu na cidade do Lérez a literatos das tres culturas minorizadas do Estado Español.
Este acto é o último que organiza a AELG antes de celebrar o vindeiro mes a asemblea na que deberá renovar a súa xunta directiva.
A presidencia da AELG vén sendo ocupada de xeito interino por Xosé María Álvarez Cáccamo desde o pasado mes de xullo, cando se produciu a demisión de Carlos Mella do posto apenas vinte días despois da súa elección.
Desde a asociación destácase a necesidade de que novas xeracións de creadores se incorporen á dirección e anúnciase a continuidade de parte da xunta directiva actual á espreita de que se presenten novas candidaturas.
Como principal problema da AELG, Álvarez Cáccamo sinala a falta de subvencións que "foron baixando cada ano e non temos fondos para contar sequera cun local", e rexeitou a existencia dunha crise interna motivada pola escasa participación dos socios.