A II Asemblea Mundial sobre o envellecemento que está a reunir estes dÃas en Madrid a cinco mil especialistas de todo o mundo vén de sinalar que, segundo os datos da ONU, España será o paÃs máis envellecido do mundo no ano 2050. E dentro deste estado, os galegos seremos os que teñamos unha media de idade maior. Actualmente un de cada cinco galegos está xubilado, oque nos sitúa tres puntos por riba da media española.
Datos de hoxe, datos de mañá
Segundo as cifras que ofrece o Insituto Galego de EstatÃstica (IGE) a partir do Padrón de Habitantes de 1999 e a súa revisión do 2001, hai 525.797 persoas que teñen máis de sesenta e cinco anos, o que supón que un de cada cinco galegos está xubilado. A taxa de envellecemento do noso paÃs sitúase asà nun 19,79 por cento, tres puntos por riba da media española.
A estes datos hai que engadir que, segundo sinala a ONU, Galicia presenta unha esperanza de vida superior á media europea, situándose en 82 anos para as mulleres e en 75 para os homes.
Desglosando por cidades, temos que Pontevedra é a máis nova da urbes galegas cunha media de idade de 38,5 anos, seguida por Compostela e Vigo con 39,1, Ourense con 40,6, Lugo con 40,9 e A Coruña con 41,3. En canto ó Ãndice de envellecemento por provincias Lugo, cun 27,17% de poboación anciá está á cabeza, seguida por Ourense cun 26,37%, A Coruña por 18,46% e Pontevedra cun 16,35%.
As previsións da Organización das Nacións Unidas (ONU), España será o paÃs máis vello do mundo no ano 2050, e os galegos seremos os máis vellos de españa.
Acción preventiva
Segundo sinalou na Asemblea que se está a celebrar en Madrid o director xeral do Maior da Xunta Armando González, a administración debe procurar "manter activos e participativos na sociedade estes sectores".
Para isto pretende "universalizar os servicios sociais ós maiores", facendo unha especial incidencia na "formación permanente" dos anciáns de cara ós cambios tecnolóxicos para permitir unha maior adaptación social.
González lembrou o desenvolvemento do Plan de Maiores, que investirá 163.115 euros ata o ano 2006 na atención a esta franxa de idade, tentando chegar a 35.000 usuarios destes programas. Anunciou tamén a creación de 6.070 novas prazas de residencias e incrementar a incidencia dos programas de Axuda no Fogar, Teleasistencia e Acollemento Familiar. Agárdase que estes programas afecten ó 3,2%, ó 4,8% e ó 0,23% dos anciáns atendidos.