O Comité das Rexións organiza en Vigo un seminario para analizar os desafíos da innovación na educación e na empresa

Camiño do VII Marco

Un dos obxectivos do VI Programa Marco da Unión Europea en materia de I+D+i era o establecemento dun Mercado Común da Investigación. Agora, no VII Programa e seguindo os acordos previstos na Estratexia de Lisboa, os esforzos centraranse en incrementar o investimento en I+D ata acadar un 3% do PIB. Cos novos obxectivos preténdese implicar ás diferentes rexións da UE con políticas orientadas ás Pemes e impulsando a creación, a principios de 2007, de “clústers de investigación”. Con este contexto, o Comité das Rexións da UE, vén de organizar os “Open Days”, sesións informativas que teñen a súa sede en Bruxelas, que se completan con seminarios en diferentes puntos da UE. Unha desas xuntanzas tivo lugar en Vigo, onde os responsables do goberno en materia de innovación estiveron analizando as posibilidades da investigación na innovación e na pequena empresa.

Máis información sobre a xuntanza no web da Fundación Galicia Europa e no do Comité das Rexións