A Xunta tenta conseguir financiamento na Unión Europea para catro centros de I+D

I+D= PEME

| Santiago. Redacción. | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Cambios na política de I+D da Xunta. A nova Consellería de Innovación, Industria e Comercio centralizará os esforzos financeiros en investigación aplicada a empresas e porá como obxectivos económicos das PEMES. O conselleiro, Juan Rodríguez Yuste, indicou que “imos abandonar o criterio de café para todos porque é perverso”. O departamento que dirixe concentrará os esforzos de investigación en catro novos centros tecnolóxicos instalados en Vigo –especializados en mar e telecomunicacións, Ourense –en industrias cárnicas- e Ferrol –sector naval. Agora falta conseguir os cartos: os directivos do goberno confían obter 86 millóns de euros dos fondos europeos de desenvolvemento rexional.

Máis información en La Voz de Galicia; web da Consellería

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Unión Europea, La Voz de Galicia, Ourense, Vigo

Claves

Lugares