Prepáranse os actos de celebración do centenario de Xosé Filgueira Valverde

Filgueira, a 100

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O día 28 deste mesmo mes Xosé Filgueira Valverde faría cen anos de idade. Con ocasión deste centenario, a fundación que leva o nome do polígrafo pontevedrés, a correspondente deputación provincial e mais a Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais preparan unha serie de actos. A partir do catorce de decembro, un congreso e unha exposición recollerán o legado do ilustre galeguista e presidente do Consello da Cultura Galega, e para 2007 agárdase que estea finalizada a catalogación da súa biblioteca, depositada no Museo de Pontevedra.

Máis información no La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Filgueira Valverde, Xosé Filgueira Valverde, Deputación Provincial, Museo de Pontevedra...