As institucións e asociacións que apoian a reforma normativa rexeitada o pasado mes pola Real Academia Galega (RAG) reuniranse hoxe para acordar unha estratexia común de cara a pedirlle á Academia que reconsidere a súa postura. Mentres, o filólogo e académico Xesús Ferro Ruibal continúa a rebatir desde "La Voz de Galicia" diferentes puntos da reforma e Agustín Sixto Seco reafirma o seu apoio á decisión da Academia.
Unir estratexias
A Asociación Sócio-Pedagóxico Galega (AS-PG) convocou a todos os colectivos que apoian a proposta da reforma normativa para celebrar unha xuntanza na que se definan liñas de actuación conxuntas de cara a solicitarlle á RAG que reformule a súa postura.
Nesta xuntanza, que se celebrará ás sete e media desta tarde no café Airas Nunesl da Rúa do Vilar de Compostela, haberá representantes dos departamentos de galego das tres universidades e do Insituto da Lingua Galega (ILG), entidades que redactaron a proposta. Ademais, tamén asistirá o ex-presidente da AS-PG Alberto Ansede, delegados dos tres sindicatos maioritarios no ensino (CIG-Ensino, UXT e CCOO) e representantes da Mesa Pola Normalización Lingüística, da Asociación de Músicos en Lingua Galega (AMELGA), da Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística (CTNL), da Asociación de Directores, Actores e Técnicos de Escea, de Nova Escola Galega e do Colexio de Xornalistas de Galicia entre outras organizacións convidadas. Ondas eles asistirán Xosé María Álvarez Cáccamo, da Asociación Galega de Escritores e Fabiola Sotelo, da Asociación de Editores.
A maior parte destas asociacións teñen amosado o seu apoio público á reforma normativa e varias delas pretendían desenvolver accións reivindicativas.
Segundo Alberto Ansede, un dos promotores do debate, prténdese acadara unha estratexia común sen dar ós académicos "sensación de presión" pero insisitindo na necesidade de aprobar esta reforma aínda que se faga "sen presas".
A defensa continúa
O filólogo e académico Xesús Ferro Ruibal continúa a súa serie de artigos diarios nos que, desde o pasado sábado, está a rebatir diferentes puntos das proposta de reforma. Ruibal basea as súas argumentacións fundamentalmente nas formas empregadas no galego oral e acusa ós promotores da reforma de abrir a porta á unificación do galego co portugués.
Pola súa banda, o médico e humanista Agustín Sixto Seco reafirma hoxe en "El Correo Gallego" o seu apoio á decisión da Real Academia Galega e reflexiona sobre diferentes artigos aparecidos na prensa sobre a cuestión.