Juan Oliveira, o pintor dos cabalos, recibe unha homenaxe en Tui

Homenaxes sentidas

Foi un fin de semana de actos emotivos. Juan Oliveira, escultor coñecido pola súas representacións de cabalos, recibiu unha homenaxe cun presentador de luxo: Xosé Luís Méndez Ferrín. E ademais, en Xunqueira de Espadañedo, tivo lugar unha celebración colectiva: os veciños honraron o traballo de veciños ilustres. Ademais, hai unha conmemoración dun gran descoñecido: Ramón de la Sagra, que tal día coma hoxe naceu na Coruña en 1789.


Oliveira


Domingo. Un hipódromo. Xosé Luís Méndez Ferrín: "Xoan Oliveira fíxolle a mellor homenaxe do mundo a este animal que hoxe nos contempla, realmente ben montado. Iso é o que nós lle debemos a Oliveira, que construíu a mellor escultura animalística do mundo referida ó cabalo". Con estas palabras, Ferrín fixo de mestre de honras da homenaxe ó escultor Juan Oliveira no hipódromo de San Bartolomé, en Tui. Oliveira adicou toda a súa vida ós cabalos, e retratounos en numerosos cuadros.
Rodeado de moitos familiares e amigos, Oliveira entregou os premios do Concurso Hípico de Saltos e manifestou que "agardo institucionalizar este concurso aínda que morra".











Agradecemento colectivo


E en Xunqueira de Espadañedo homenaxearon a seis persoas da vila que co seu traballo marcaron a historia da comunidade. Hermógenes González, antigo alcalde da vila, Antonia Fernández, Juan Manuel Novo, Gumersindo Fernández, Rogelio Álvarez e Antonio Cid, atleta paralímpico, foron homenaxeados por máis de douscentos veciños.











Un gran descoñecido

O 8 de abril de 1789 nacía na Coruña Ramón de la Sagra, un pensador multidisciplinar, segundo indica El Correo Gallego. O seu pensamento moveuse entre o socialismo utópico, o anarquismo, a masonería, o abolicionismo da escravitude, o misticismo relixioso e o absolutismo conservador. Alumno do xeógrafo Domingo Fontán, De la Sagra fuxiu a Madrid ós 21 anos e alí deu a coñecer as teses de Kant no Estado. Vencellado á masonería galega, De la Sagra partiu para París en 1856, onde foi cónsul de Uruguai. Fuxiu da capital francesa en 1870, ante o cerco prusiano, e refuxiuose nunha aldea suíza próxima a Neuchatel, onde morreu en 1871.