O salón do turismo de Pontevedra achega a oferta dos conxuntos históricos-artísticos

Turismo de salón

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Pontevedra celebra desde onte unha nova edición de Ferpalia, un salón profesional do turismo organizado pola Cámara de Comercio, o Concello e a Deputación. Como novidade desta edición, que contará coa presenza de 2.000 profesionais, o evento ofrece información de conxuntos históricos-artísticos como son Combarro, Baiona, Allariz ou Cambados. Relacionado co turismo, o concello de Lalín vén de anunciar a creación dunha empresa municipal que se dedicará a este sector. As 270 carballeiras catalogadas, as festas gastronómicas como a do Cocido, e a oferta museística e o patrimonio arqueolóxico e arquitectónico do concello, así como as últimas cifras de visitantes, foron determinantes para que o concello se decidise a crear este organismo que contará co apoio da sociedade “Turismo Rías Baixas”.

Máis información no web do evento e sobre a sociedade creada polo concello de Lalín na edición de hoxe de Diario de Pontevedra

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Concello de Lalín, Diario de Pontevedra, Combarro...