Rianxo acolle o I Congresso Internacional de Estudos Atlánticos mentres Bragança celebra o V Colóquio da Lusofonía

Estudarse polo extenso

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A cultura galega será analizada desde a perspectiva máis lusófona en dous encontros que se celebran estes días. Por unha banda, Rianxo acolle desde o día cinco o I Congresso Internacional de Estudos Atlánticos, un evento organizado polo Instituto Galego de Estudos de Segurança e Paz. O encontro abordará temas coma as literaturas atlánticas comparadas, a historia atlántica, as relacións entre países costeiros deste océano ou as dinámicas migratorias neste espazo. Ao tempo, en Bragança está a se celebrar desde onte o V Colóquio da Lusofonia, que se centrará na lingua portuguesa en Galicia e que contará con representantes de diferentes colectivos galegos. O evento contará por primeira vez cun representante da Xunta de Galicia, neste caso o delegado da consellaría de Cultura en Ourense, Xosé Carlos Sierra.

Máis información en Vieiros e no Portal Galego da Língua

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rianxo, Vieiros, Lusofonía, Xosé Carlos Sierra...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares