Galicreques cumpre dez anos achegando historias para grandes e pequenos

Para grandes e pequenos

2/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
En 1996 nacía en Santiago un festival para achegar historias contadas a través de marionetas. Hoxe, dez anos despois, comeza unha nova edición que pasou de ter 7 a 21 compañías que nesta edición (a undécima) representarán 82 funcións. Xa non é só un espectáculo para nenos, agora contan con funcións para adultos, cursos e seminarios que converten Santiago na capital do pequeno ata o domingo. Ademais, a Galería Sargadelos, o Instituto Rosalía de Castro e a Cafetería Rúa Nova acollerán varias exposicións que servirán para achegarnos ao mundo dos monicreques.

Máis información no web da XI edición de Galicreques

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicreques, Rosalía de Castro, Espectáculo, Galería...