O Wimax é un estándar de transmisión de datos sen fÃos, que emprega tecnoloxÃa portátil, nun sistema semellante ao dos móbiles, e con velocidades propias de banda ancha. En Latinoamérica instalouse, tanto de xeito experimental como comercial, desde hai uns anos, mentres que en Europa existen pequenas experiencias, malia que de xeito piloto. En España aÃnda non se instalou ningunha rede deste tipo e a primeira cidade en dispor desta tecnoloxÃa de conexión a internet será Lugo. Asà o acaba de anunciar a concelleira de Promoción Económica deste concello, ao tempo que apuntou que é unha das primeiras actuacións do Proyecto europeo Parque. Un programa financiado con fondos Interreg e que supón unha serie de melloras tecnolóxicas no Parque Tecnolóxico do Ceao.
Máis información en La Voz de Galicia e no web do Concello de Lugo