Existe abondosa información sobre o noso patrimonio na rede, aínda que se dilúe a oficial coa oficiosa, a creada ao abeiro de institucións (tanto públicas como privadas) coa feita por particulares ou afeccionados. En todo caso, agás pequenas excepcións o noso patrimonio, algún deles reclamos turísticos tan destacados como a Torre de Hércules, o casco histórico santiagués ou o Camiño de Santiago, non teñen sitio web propio.
O Camiño de Santiago, os dous espazos catalogados pola Unesco como Patrimonio da Humanidade, o casco histórico de Santiago e a Muralla de Lugo, a Catedral compostelá, a torre de Hércules na Coruña, os castros de Viladonga e Baroña, o dolmen de Dombate, as Fortalezas do Miño, o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e o casco histórico de Combarro son algúns dos exemplos máis destacados do noso patrimonio histórico e, ao mesmo tempo, algúns dos principais reclamos turísticos. Quixemos ver como aparecen na rede e que pode saber deles unha persoa que queira saber deles a través do seu ordenador.
Con sitio propio
A Catedral de Santiago (www.catedraldesantiago.es), a Muralla de Lugo (www.muralladelugo.info), o Dolmen de Dombate (www.dolmendombate.com) e o Castro de Viladonga (www.aaviladonga.es) comparten o feito de contar con sitio web propio. De todos os xeitos, cómpre aclarar que cada un deles foi feito en momentos distintos e por iso pódese falar de sitios con diferentes niveis de desenvolvemento. Por poñer un exemplo, a Catedral de Santiago acaba de estrear sitio web este mesmo verán e o seu sitio web inclúe desde unha serie de visitas virtuais (á catedral, ás cubertas, ás diferentes salas do museo) ata un servizo de misas online, mentres que o Castro de Viladonga (un dos máis antigos na rede) ten un web bastante completo que tamén acolle a publicación da revista electrónica de arqueoloxía e-castrexo.
En todo caso, todo estes sitios web comparten información básica que indica: aspectos de localización, historia e galerías fotográficas. Á marxe do que teñen en común (nalgúns webs a información de localización está mellor explicada que noutros), cada un integra información diferente, así mentres o web do Dolmen de Dombate inclúe unidades didácticas para docentes (en .pdf) sobre o megalitismo na escola, o web da catedral de Santiago inclúe pequenas imaxes de obxectos que figuran nas salas do museo.
Nesta listaxe tamén hai que incluír o Castelo de San Antón (no dominio www.sananton.org) que a través dun sistema de navegación moi rudimentaria, ofrece un percorrido polo museo, que permite ir coñecendo as diferentes salas e pezas hai neste espazo.
Á parte de contar cun sitio web propio, existe tamén un denominador común a todo eles, que é a súa escasa frecuencia de actualización. É dicir, unha vez que se fai o sitio web, en contadas ocasións, se volve traballar sobre o seu contido para ir modificando as informacións publicadas.
Dentro de sitios web corporativos
O casco histórico compostelán e o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil non teñen dominio propio, pero pódese obter información sobre eles a través dos sitios webs dos diferentes concellos nos que se sitúan. No primeiro caso a través do web de Paradores que, como era de esperar, achega información de servizo e de contacto para quen queira aloxarse neste establecemento hostaleiro con algunha imaxe sen achegar máis información sobre este edificio do románico tardío situado nun encrave privilexiado da Ribeira Sacra. No caso da información sobre o casco histórico compostelán o portal Santiagoturismo.com ofrece unha completa e elaborada información orientada a achegar datos desde o punto de vista turístico sobre a cidade, os seus arredores e mesmo o Camiño de Santiago. Malia que este casco histórico foi declarado patrimonio da humanidade no 85 e conta cunha entidade que canaliza a súa conservación e mantemento. Trátase do Consorcio de Santiago que ten web pero de tipo corporativo (estatutos, órganos de funcionamento, lexislación e axudas e subvencións sobre o tema).
Malia que con anterioridade falábamos que a Catedral de Santiago ten sitio web, cómpre puntualizar que é moi recente, xa que foi presentada a mediados do mes de agosto. Desde ese momento cubriuse un oco que antes se suplía a través dos múltiples portais de información do concello de Santiago (Compostelacultura.org, santiagoturismo.org, santiagodecompostela.org).
O camiño de Santiago
Mención á parte merece o Camiño de Santiago, dado que existen numerosos sitios web (con dominio propio e sen el) que conteñen información sobre a Ruta Xacobea. A historia, os múltiples camiños, o seu trazado, servizos básicos, ligazóns de interese repítense nos numerosos portais, tanto públicos como privados que existen colgados na Internet neste momento. O Ministerio de Cultura ten posto en marcha un proxecto de realización do trazado xacobeo, que comparte un oco na arañeira co web do Xacobeo e con numerosas asociacións de amigos do camiño que se estenden por toda a xeografía. En todo caso, falta un gran portal do Camiño de Santiago que xunte nun único dominio toda a información existente.
Os agochados
Combarro ten un conxunto histórico artístico que se produce pola singularidade das súas edificacións, construídas sobre as rochas graníticas (o que reservaba o chan fértil para as plantacións) e que deixa tras de si un deses lugares con encanto. Pero se alguén pretende descubrilo na rede, será a través dos blogs, das páxinas persoais e das escasas fotografías que se poden ver nos buscadores de hoteis e de restaurantes deste turístico lugar da provincia de Pontevedra. Sen embargo en Flirk existen abondosas imaxes desta paraxe única da que hai unha breve mención no web do Concello de Poio. Igual acontece coas fortalezas do Miño, atractivos espazos turísticos que a penas teñen presenza na rede (cómpre destacar que neste campo existe un exhaustivo documento colgado no web da Universidade Complutense de Madrid).
Patrimonio si, pero recente
Ao lado do patrimonio histórico, existe en Galicia unha serie de edificios novos que tamén chaman a atención dos visitantes. Comezando polos centros de arte contemporánea do país que contan con sitios webs corporativos máis interesados en ofrecer información corporativa e das actividades que realizan (véxase o caso do Marco, CGAG, Verbum, por citar algúns) e outras formas de achegar o espazo físico. Ao lado de todo isto figura a Cidade da Cultura, o proxecto deseñado por Eisenman, que conta cun completo, actualizado e renovado sitio web no que se vai ofrecendo a información do que será o complexo cultural máis destacado do noroeste.