Betanzos achega guías turísticas en MP3 mentres Allariz promociona os seus audioguías

Un guía nos cascos

21/9/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
11 lecturas | Compartido 0 veces
Ir por unha cidade cos cascos postos pode ser un xeito de saber máis sobre o lugar no que nos encontramos. A seguir unha tendencia cada vez máis estendida, Betanzos e Allariz presentan estes días as súas propostas de guías sonoras. No web betanzosmp3.com pódese descargar toda unha serie de arquivos deste tipo en castelán inglés e galego que explican polo miúdo os principais atractivos turísticos do concello. Pola súa banda, Allariz opta por achegarlle tamén aos visitantes o soporte no que escoitar as explicacións, uns aparellos que se poden alugar na oficina de turismo municipal por tres euros.

Máis información en La Opinión, na edición de hoxe de La Región e en Betanzosmp3


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Betanzos, Allariz, Turismo...

Claves

Conceptos
Lugares