O convento das Capuchinas da Coruña viuse onte cuberto de andamios para iniciar as obras de rehabilitación da fachada que deberÃan ter comezado hai un ano. Mentres, en Pantón vén de rematar a primeira fase da restauración da igrexa de Atán, que comezara en 1995. E no mesmo concello vanse pór en marcha as obras que finalizarán a rehabilitación do convento da Bernardas que se iniciou hai vintedous anos.
Un ano de retraso
Os andamios cubrÃan onte a fachada principal da igrexa do convento da Capuchinas da Coruña para iniciar as obras de rehabilitación que estaban anunciadas para hai un ano. Precisamente este mes era o previsto para que estivesen rematados os traballos no templo, centrados na recuperación da fachada do século XVIII e do pórtico, obra do arquitecto Fernando Casas y Novoa. Este proxecto, costeado a medias pola Xunta e polo Concello da Coruña, debe o seu retraso á falta de orzamento e ás dificultades de comunicación entres as administracións, xa que o goberno local e o autonómico encargaron a reforma a candaseu arquitecto. Finalmente, o proxecto de resturación que se desenvolverá foi o de Andrés Fernández-Albalat.
Ademais da rehabilitación da fachada, as obras incluirán melloras na iluminación interna do templo e, mediante a Fundación Caixa Galicia, a restauración do retablo do templo, valorada en 18.030 euros.
A igrexa do convento, propiedade do Concello desde que as relixiosas o abandonaron hai vinte anos, está pechado desde o pasado ano por orde do Arcebispado, e aÃnda non se coñece se voltará a acoller oficios relixiosos.
Sete anos despois
Coi en 1995 cando comezaron os estudios para rehabilitar a igrexa de San Estevo de Atán, situada no Concello de Pantón e considerado un dos principais edificios relixiosos do sur de Lugo. Hoxe chega o anuncio da ConsellerÃa de Cultura de que veñen de rematar as obras da primeira fase da rehabilitación deste templo, iniciadas en setembro.
O proxecto de recuperacion iniciouse en 1995 coa organización de análises e de proxectos e procendendo a consolidar partes do templo para evitar o seu deterioramento. Nos catro anos seguintes arranxáronse os muros achegados á igrexa e a bóveda do ábside e realizáronse catas arqueolóxicas nas proximidades do lugar, ademais procedeuse a asentar o terreo con micropilotes.
Desde setembro intalouse unha nova cuberta, reforzáronse os muros e limpáronse as paredes exteriores. AÃnda sen data está prevista a segunda fase da rehabilitación, centrada no interior da igrexa, as pinturas murais, o coro e o retablo. Finalmente, desde a ConsellerÃa tamén se prevé actuar no contorno do templo e sobre os signos lapidarios de canteirÃa existentes na zona, ademais de realizar novas excavacións arqueolóxicas para determinar se no lugar no que se atopa agora a igrexa houbo con anterioridade un mosteiro.
Vintedous anos de arranxos
O convento das Bernardas de Pantón, na zona da Ribeira Sacra, vén de ver adxudicada unha partida o Ministerio de Cultura para culminar a súa rehabilitación, iniciada hai vintedous anos.
As obras, orzamentadas en 306.516 euros afectarán ó tellado da torre e á zona do convento que albergaba a cociña. AÃnda que hai xa un mes que se instalou a grúa para comezar as obras, os operarios aÃnda non saben cando poden comezar o seu traballo, segundo sinalou a nai superiora do convento.
Este edificio datado no século X é o único desta orde en Galicia que mantén vida relixiosa continuada desde a súa fundación.