Na loita contra o lume hai un antes, un durante e un despois. Tralo acontecido durante o pasado mes de agosto, agora estamos inmersos nesa etapa do “despois”, de decidir cómo e de que maneira hai que recuperar a superficie queimada. O primeiro e máis básico é desenvolver actuacións de urxencia que van desde a sementeira ata crear obstáculos para o escoamento das augas. Pero é só o principio.
Francisco DÃaz-Fierros, Catedrático de EdafoloxÃa e un dos asesores da ConsellarÃa de Medio Rural para a recuperación vexetal das zonas queimadas explica que as actuacións nestas zonas se desenvolven en tres fases “unha primeira de urxencia, nos dÃas seguintes ao incendio, unha segunda a medio prazo que debe comezar a partir da primavera seguinte e, a longo prazo nos anos seguintes”.
As actuacións de urxencia
Comezamos polas primeiras, as máis inmediatas, e son as que está a desenvolver a Xunta desde que cesaron os incendios. “As actuacións de urxencia, explica o profesor DÃaz-Fierros, refÃrense ás superficies queimadas e aos desaugadoiros (canles e pequenos regatos de montaña). As medidas son no primeiro caso, sobre todo, crear obstáculos á xénese de augas superficiais e sementar herbáceas e, no segundo, crear obstáculos á xénese de augas violentas”.
Danien Vispo, secretario xeral de Adega explica que todas estas medidas “teñen como prioridade reducir o efecto do lume sobre o chan. É dicir, prever a erosión que produce a chuvia, actuar nas zonas de máis perigo de erosión ou máis sensibles e tratar de minimizala. En resumidas contas, tratar que o monte perda solo e con el, a capacidade de recuperarse”.
As actuacións de urxencia comezan o mesmo dÃa no que deixa de chover. Pero non todas ao mesmo tempo. O primeiro, explica DÃaz-Fierros, “é crear obstáculos ao escoamento das augas, mentres que para a sementeira de herbáceas débese agardar a que o solo teña un mÃnimo de humidade (como mÃnimo debeu chover entre 25 e 50 milÃmetros)”.
As medidas de crear obstáculos naturais para evitar a perda de chan asà como o proceso de sementeira estase a levar a cabo desde hai preto dun mes. Danien explica que desde Adega “ofrecemos a nosa colaboración para tratar de coordinar e dirixir e orientar a todos o colectivos implicados neste proxecto que van desde comunidades de montes ata propietarios. En concreto, estamos coordinando dous dispositivos de voluntariado que nos chegan a través do Teléfono do Voluntariado (posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade) en Forcarei e en Monforte”.
A sementeira
Ademais de por barreiras naturais para evitar o encoamento da auga, a outra iniciativa e o proxecto reforestación por sementeira (técnica de reforestación que planta sementes de árbores autóctonas en densidades moi altas). Para iso, a oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo que dirixe Ignacio Munilla, acaba de ofrecer un “Manual sinxelo de reforestación por sementeira”. Un documento que, como explica Munilla “indica onde e como hai que facer para levar a cabo o proceso, de onde sacar a semente natural”. Neste sentido, o catedrático DÃaz-Fierros explica que “deberÃan ser elixidas para a sementeira as especies de herbáceas nativas. Pero como é case imposible fornecerse delas na situación actual, como alternativa, aconséllanse herbáceas comerciais de medra rápida (p.e. lolium multiflorum)”.
DÃaz-Fierros explica que a sementeira deberÃa rematar nos primeiros dÃas de outubro e por iso, facelo a man é moi lento por iso, considera que se deberÃan aplicar “técnicas como a hidrosementeira desde terra ou desde o aire que permiten tratar en moi pouco tempo moita superficie”.
O secretario xeral de Adega considera que “a partir de aÃ, o que hai que facer é comezar un plan de recuperación do monte que será un proceso a medio e longo prazo”. Uns prazos nos que se DÃaz-Fierros explica que se deberá facer a “estabilización de ladeiras e repoboación con especies arbóreas”.
Os estudos autóctonos
Nos procesos dirixidos de recuperación e rexeneración forestal, os expertos non están sós veñen avalados polos diferentes estudos feitos nos distintos centros de investigación nesta materia que hai en Galicia (CSIC, universitarios...). Desde 1985 teñen estudado a recuperación vexetal das zonas queimadas do paÃs. Concretamente desde o ano 1987 o departamento de edafoloxÃa ten estudado os efectos sobre a erosión do solo e a xénese de escoamentos, e máis recente (desde 1995) sobre a implantación de herbáceas. O catedrático DÃaz-Fierros recoñece que “non existen datos sobre a eficiencia das técnicas de restauración nas condicións de Galicia, pero si son abondosos na bibliografÃa internacional, sobre todo norteamericanos, si son abondosos”
Madeira queimada
Por outra banda, ademais da recuperación do medio. Despois dos incendios tamén hai que establecer un protocolo de recollida de madeira queimada. Para iso, a ConsellarÃa de Medio Rural convocou á Mesa da Madeira (formada por diferentes colectivos que van desde o Clúster da Madeira ata asociacións profesionais como Silvanus) para decidir a tramitación e da supervisión dos prezos de referencia para buscar acordos de consenso. Danien Vispo, de Adega, aclara que “a madeira que está queimada haina que retirar de monte e só é urxente para aquele propietarios que non queiran perda o seu valor”. Agora ben, desde Adega considera que se ten que facer con control da Administración para evitar “que o negocio da madeira sexa unha das causas do lume, tal e como se ten apuntando nalgunha ocasión”.