Seguimos a ser cada vez menos. Os datos sobre Movemento Natural da Poboación do Instituto Galego de Estatística (IGE) revelan que Galicia segue a sufrir un crecemento vexetativo negativo, é dicir, que morren máis persoas das que nacen. Exactamente 9.204 persoas menos no país, resultado de restar os 19.295 nacementos das 28.499 defuncións que se produciron no 2000, último ano do que se teñen datos. De calquera xeito, os datos que aporta o IGE non recollen as mudanzas poboacionais que supoñen os movementos migratorios
Á cabeza do Estado
O saldo vexetativo de -9.204 persoas que se rexistrou no ano 2000 sitúa a Galicia como a Comunidade do Estado Español que máis poboación perde en termos absolutos e a que ten o peor saldo vexetativo. En canto a perda de poboación con respecto ó total de habitantes, atopámonos no segundo lugar, só por detrás de Asturias.
A pesar do pesimismo que transmiten estes datos, o descenso vexetativo é inferior ó rexistrado en 1999 e nos anos precedentes, xa que, aínda que a taxa de defuncións segue a incrementarse ós poucos, no ano 2000 rexistrouse un lixeiro repunte no incremento de nacementos. Así, en 1999 naceron 18.784 persoas en Galicia e morreron 29.293, o que supuxo un saldo vexetativo de -10.509, sensiblemente superior ó do 2000. Este repunte de nacementos vense notando nos últimos anos, así, en 1999 naceron 246 rapaces máis que en 1998, e no 2000 o ascenso chegou ós 511 alumbramentos.
Os datos revelan que ntre 1998 e o 2000, a poboación galega diminuíu en trinta mil persoas. No mesmo período o número de inmigrantes que se deron de alta na Seguridade Social no país pasou de 4.066 a 11.595, o que permite mitigar o descenso real de habitantes en Galicia. De calquera xeito, falta por avaliar aínda as cifras de emigración que se están a dar desde o noso país, o que podería dar saldos aínda máis negativos sobre a nosa perda de poboación. Así en 1999 o propio IGE cifra en 15.889 o número de galegos de foron buscar traballo fóra.
Por zonas
De todos os concellos do país, só trinta e tres rexistraron un crecemento vexetativo positivo, dos cales, dez están na Coruña, vintedous en Pontevedra e un en Ourense. Boa parte dos concellos que ven medrar a súa poboación deste xeito atópanse na proximidade das grandes cidades galegas. Son os casos de Arteixo, Cambre e Culleredo, preto da Coruña; de Oroso, Ames ou Teo nas proximidades de Compostela. Tamén hobo máis nacementos que mortes en Ares, Boiro, Corcubión, Padrón, Ribeira, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, gondomar, O Grove, a Illa de Arousa, Marín, Meaño, Mos, Nigrán, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Ribadumia, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Tui, Vigo e, en Ourense, O Barco de Valdeorras.
Por porovincias, o saldo vexetativo de Pontevedra está en -658 habitantes, na Coruña en -3.042, en Lugo e -2.682 e en Ourense en -2.642. Os únicos núcleos urbanos nos que se o saldo foi positivo foi en Pontevedra e Vigo.
Posibles causas
As causas do descenso poboacional de Galicia atribúese a diferentes factores, entre os que se atopan a problemática laboral ou o feito de ser os incentivos á natalidade en España os máis baixos da Unión Europea onda os de Portugal. A isto hai que engadir o descenso do número de fillos por parella ou o retraso na idade do matrimonio. Segundo os datos o IGE, a maioría dos galegos casan entre os 25 e os 29 anos, aínda que cada vez son máis os que casan entre os 30 e os 39. Tamén se incrementou a idade máis habitual para ter fillos, que se sitúa entre os 30 e os 34 anos, e o índice de nais solteiras que medrou un 14% en 1999.