Dous lumes provocados causan graves danos nun pazo e nunha igrexa no Concello de Carral

Non só arden os montes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Na tarde de onte no concello coruñés de Carral, o fume non viña dos montes. Un pazo e mais unha igrexa parroquial, separados por medio quilómetro, ardían. Segundo as primeiras investigacións, os lumes foron provocados por persoas que tentaban roubar nos dous edificios. O pazo viuse afectado nun 90% da súa estrutura e o lume queimou cadros, libros e mobiliario antigo. Na igrexa, a sancristía foi totalmente calcinada e mesmo se derrubou o tellado.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Carral, La Voz de Galicia

Claves

Lugares