A conselleira e mais a ministra de Cultura adiantan acordos sobre análise de danos no patrimonio, bibliotecas e devolución de documentos

Madrid colabora

14/9/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O encontro que Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e mais Carmen Calvo, a súa homóloga en Madrid, mantiveron onte, deu en varios acordos. Por unha banda, o Ministerio comprometeuse a achegar técnicos para avaliar polo miúdo o dano que puideron sufrir bens patrimoniais en Galicia por mor dos lumes. Pola outra, anunciaron a vindeira sinatura dun convenio para que copias dixitais dos fondos monásticos galegos depositados fora do país volten a Galicia, seguindo unha proposta que fixera Francisco Rodríguez no Parlamento. Finalmente, acordouse un investimento de 1,4 millóns de euros para dotar de fondos as biblicotecas galegas, e o apoio do Ministerio ao novo centro coreográfico galego.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Bibliotecas, Francisco Rodríguez, Ánxela Bugallo...