Un convenio trae a Carmen Roche e a Víctor Ullate ao centro de danza Mayeusis de Vigo

Asesores de nivel

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Son dous bailaríns de primeiro nivel, teñen as súas propias compañías de danza que trunfan en todo o mundo e a partir de agora achegarán os seus coñecementos aos estudantes de danza en Vigo. Falamos de Víctor Ullate e de Carmen Roche que onte asinaron un convenio coa Fundación Mayeusis e que terá unha vixencia de cinco anos. Deste xeito, complétase o equipo profesional do único centro autorizado de danza na Cidade Olívica que imparten os cursos de grado elemental e medio LOXSE. Por outra banda, e relacionado coa danza, o luns 18 remata o prazo de recepción de obras candidatas ao IV Certame de Creación Coreográfica de Galicia que repartirá 115000 euros en cinco modalidades.

Máis información sobre o convenio en Galicia Hoxe e sobre o ensino de danza en Galicia no noso tema

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Vigo, Culturagalega, Galicia Hoxe...

Claves

Conceptos