As Cidades Patrimonio terán publicidade para promocionarse no exterior

Millóns que atraen

Cambiar os destinos dos turistas que chegan ó Estado Español. Esa foi a idea que estivo de fondo na xuntanza que mantiveron Rodrigo Rato, como titular de Facenda, e os alcaldes das principais idades Patrimonio, o pasado luns en Toledo. E alí acordaron que serían promocionadas no exterior a través dunha campaña de publicidade. E, logo, os alcaldes excluídos no 1% cultural de inversión en obra pública, aproveitaron para reunirse para concretar as súas medidas de presión. E rematamos tamén con Patrimonio, porque a proposta de declarar os catelos de Ferrol como Patrimonio Mundial chega ó Parlamento.

Reunión oficial en Toledo

Os alcaldes das nove Cidades Patrimonio que hai no Estado Español (entre as que se atopa Santiago de Compostela) reuníronse o pasado luns en Toledo co titular do ministerio de Facenda, Rodrigo Rato. E o resultado dese encontro foi que estas cidades serán promocionadas no exterior a través dunha gran campaña publicitaria, na que o Estado investirá 1.9 millóns de euros (320 millóns de pesetas). E este gasto ten un obxectivo moi claro: cambiar a tendencia dos signo turístico en España. É dicir, as últimas estatísticas dadas a coñecer polo INE (Instituto Nacional de Estatística) revelan que o sol e a praia son os principais alicientes dos turistas que chegan por aquí. De feito a cota do Estado no mercado de viaxes culturais europeos é dun 8 por cento, fronte ó 32 por cento que supón o turismo de praias.
Esta partida presupostaria inclúese dentro dos obxectivos que se marca o Plan de Impulso ó Turismo cultural e Idiomático para o período 2002- 2004, que conta cun presuposto de 70 millóns de euros. Un plan de carácter trianual e que xorde co interese de promocionar internacionalmente ás nove poboacións. As campañas que se realizarán dentro desta proposta xestionaranse a través das axencias e oficinas de Turespaña.














E a reunión extraoficial


E aproveitando que os alcaldes das cidades patrimonio se xuntaban en Toledo para subscribir un acordo, houbo, ó rematar esta, outra xuntanza. E foi a que se estableceu para concretar as medidas que se desenvolverán logo de ser explucido do reparto dos primeiro fondos procedentes do 1% do presuposto de Fomento para investir en bens culturais.
Un grupo que lidera Sánchez Bugallo e que xa dirixeru cartas ó titulares de Fomento e de Cultura (xa que este un por cento é unha partida que afecta ás competencias de ambos os dous ministerios , que son os que designan unha comisión que analiza e avalía os proxectos). E non só iso, senón que, segundo publica hoxe "El Correo Gallego" está á espera dunha xuntanca co secretario de Estado de Cultura, Luis Alberto de Cuenca, para aclarar a situación. De feito, o que se sabe, é que a intención do Goberno para esta partida é o de financiar proxectos nas nove cidades pero ir facéndoo pouco a pouco.
Mentras non se aclara porque Santiago foi excluída dunha partida presupostaria que fora prometida, continúa en marcha a súa solicitude, que é o de eliminar o viaducto de As Rodas.














E o patrimonio do Ferrol

O conxunto do Arsenal e os Castelos da Ría de Ferrol chegan estes días ó Parlamento. E fano como proposta do BNG que propuxo a solicitude de declaración para ese entorno como Patrimonio Mundial. Unha proposta que conta co apoio de máis de trinta institucións e organizacións e que chega agora ó paralamento para que lle dea o respaldarazo definitivo para que o Goberno Central inclúa esta candidatrua nas previsións das candidaturas españolas. Unha solución que se resolverá mañá no Parlamento.