Unha ruta megalítica unirá os dolmens de Vigo mentres procesan un promotor por destruír unha mámoa en Nigrán

Megálitos a cara e cruz

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Os megálitos galegos teñen sortes ben diferentes. Por unha banda as mámoas do monte Vixiador, en Vigo, están a ser recuperadas para crear unha ruta que as una e as poña en valor. A intención do concello é que este proxecto estea en marcha antes do final do ano e que nel se integren os monumentos prehistóricos situados tamén na Madroa. Pola outra banda, o fiscal especializado en delitos contra o Patrimonio, Carlos Gil, procesaba onte o promotor dunha pista de motocrós en Nigrán por partir á metade unha mámoa. O monumento megalítico, situado no depósito das Chans, quedou irrecuperable.

Máis información en Faro de Vigo e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nigrán, La Voz de Galicia, Faro de Vigo

Claves

Lugares