Dúas vellas ruelas composteláns que levaban máis de cen anos pechada, un cine. Un parador discutido. Coa primavera chega cunha vaga de obras de reabilitacións que afectan a todo o paÃs recuperando vellos lugares para novos empregos.
Dúas ruelas e un cine
Os mapas de rúas de Compostela terán que actualizarse os vindeiros meses cando rematen as obras que han de abrir ó acceso público dúas ruelas que levaban máis de cen anos pechados. Concretamente trátase da coñecida como ruela das burras, nas proximidades da Fonte de Santo Antonio, e dunha quenlla que comunicaba a rúa Algalia de Arriba e a de Abaixo.
A ruela das Burras levaba este nome por ser o lugar onde a leiteiras dos arredores de Compostela ataban o seus animais cando baixaban á cidade. Na actualidade está pechada por unha casa en ruÃnas que será derrubada e rehabilitada en breve.
O derrubo dunha cocheira dos anos cincuenta despexará tamén o paso entre as dúas rúas da Algalia. No século pasado moitos destes pasos foron pechados para evitar problemas de hixiene.
A apertura da ruela dos burros permitirá ademais un novo acceso ó edifico que albergaba ata hai uns anos o Cine Capitol. A rehabilitación deste local comezará a finais de ano para transformalo nun centro cultural que incluirá un salón de concerto, unha sala de exposicións e unha cafeterÃa entre outras instalacións.
Rehabilitación discutida
Rehabilitacións discutidas o colectivo "Amigos da Muralla" de Monforte vén de denunciar que as obras do futuro parador, situado no antigo mosteiro de San Vicente e no pazo condal, están a danar o conxunto monumental da vila. AsÃ, esta asociación sinala que a escaleira neoclásica do mosteiro foi desmantelada, ó igual que unha balaustrada, e que a sacristÃa do século XVI foi totalmente destruida. Ademais destacan o cegamento dun arco prerrománico e a eliminación dun tramo da muralla medieval. A pesar das denuncias realizadas por esta asociación á Dirección Xeral de Patrimonio, o organismo autonómico sinalou que o conxunto monumental de Monforte depende da Administración Central por estar declarado como Ben de Interese Nacional.