A Xunta presenta o seu Plan Galego I+D+I para o despegue económico e social

Todo suma

Co obxectivo de conseguir o despegue económico de Galicia, a Xunta pretende incrementar a capacidade tecnolóxica e científica, e isto farao apoiándose en dous piares: empresa e universidade. Unhas ideas que se presentaron onte no Consello da Xunta e que se concretan no "Plan Galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica, 2002-2005". Son as ideas estratéxicas e claves para situar a Galicia ó mesmo nivel que outras comunidades cun nivel de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica destacada.

Primar dous sectores

A acuicultura e as tecnoloxías da información son dous dos sectores que o novo "Plan Galego de investigación" considerado como prioritario e nos que centrará a súa importancia. Pero non son os únicos, de feito a filosofía de traballo que inspira a todo este proxecto está inmerso na necesidade da coordinación e de agrupar a todos os axentes e sectores implicados que teñen algo que ver en materia de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (I+D+I). E estos son: a universidade e a empresa.
E para conseguir ese desenvolvemento e impulso económico e social de Galicia figuran tres programas e unha serie de accións estratéxicas. E eses programas son:
- o programa xeral da investigación
- programas sectoriais ( recursos naturais, tecnoloxía para a innovación e servicios ó cidadán)
- programas horizontais (recursos humanos, apoio á innovación en empresas, cooperación internacional e sensibilzación social)
- e accións estratéxicas.











Os obxectivos


Nese plan tamén se formulan, de xeito destacado os principais obxetivos que se pretenden abordar cun orzamento de 62.980.000 euros (o que supón máis de 10.000 millóns de pesetas) que se costearán pola Secretaría Xeral de I+D e diferentes consellerías.
Os principais obxectivos son:
- Superar o 1% do PIB en gasto en innovación (hoxe en día esa porcentaxe é do 0,63%)
- O gasto de I+D executado polas empresas debería acadar o 50%.
- Aumentar a 450 persoas o número de persoas incoporadas ó Sistema Público de I+D de Galicia e a outras 100 empresas.
- Formar a 450 novos doutores e triplicar o proxectos de investigación aplicada no Sistema Público de I+D de Galicia.
- Triplicar o número de proxectos empresariais financiados polo Plan (co que se chegarían a 400 traballos)
- Cosneguir que sexan máis de cen empresas as que se consideren innovadoras dentro da comunidade.
- promover ó ano a creación de dez empresas de base tecnolóxica e transferir, polo menos dez tecnoloxías ó sector productivo.
- aumentar o número de proxectos conxuntos entre centros tecnolóxicos ata un minimo de 20 anualmente.
- lograr a realización de proxectos consuntos entre centros tecnolóxicos e o Sistema Público de I+D, cun mínimo de vinte cada ano.
- Duplicar a captación de fondos de convocatorias nacionais e europeas.
- formar en xestión da innovación a medio millar de persoas de empresas, organismos públicos, investigadores...