A creación dos itinerarios desde a ESO e a implantación da reválida, nova educación

Calidade 2004

A ministra de Educación de Cultura Pilar del Castillo, desvelou onte moitas sorpresas ó dar a coñecer o "Documento de bases para unha lei de calidade da educación". E entre as novidades que non se coñecían está a división dos estudiantes considerados de "peor rendemento" desde os 12 anos e a introducción dun exame oral de lingua estranxeira na reválida. Era este un dos cambios anunciados (que se chamará PXB, ou Proba Xeral de Bacharelato) que se veu a confirmar coa presentación do texto. E entre as cousas das que xa se avisaron e que agora se confirman está a creción de itinarios da ESO e o aumento da repetición de curso permitida.q

Novidades

Onte a ministra de Educación presentou ós conselleiros das 17 comunidades autónomas o texto preliminar da lei chamada a "revolucionar" á ensinanza secundaria obligatoria (ou canto menos ós diferentes sectores implicados). Unha reforma que entrará en vigor no curso 2004/2005 e que centra os seus principais cambios nos seguintes aspectos:
Itinerarios: Desde 3º da ESO se crean dous itinerarios (de orientación xeneral técnico-profesional e de orientación xeneral científico-humanista). Unha división que obrigará ó estudiantado a escoller, desde os doce anos, a disciplina sobre a que centrará o seu futuro profesional. En 4º da ESO estáblécense tres itinerarios (Modalidade Científico- Tecnolóxica, Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais e Modalidade de Artes). Deste xeito o que se realiza é unha reducción dun dos itinerarios do actual sistema educativo.
O que non está concreto neste borrador é o feito de que os centros públicos e privados concertados deberán ofertar todos os titinerarios, o que podería provocar que haxa centros que só teñan alumnos dirixidos ó bacharelato.
Bacharelato: Nos dous cursos de Bacahrelato o que se fai é reducir as catro actuais a tres: bacharelato de artes, de ciencia e tecnoloxía e de Humanidades e Ciencias Sociais. Cda modalidade organizarase en materais comúns, materias de modalidade e materias optativas.
Reválida: haberá unha proba xeral. Chamarase Proba Xeral de Bacharelato (PXB) de ámbito estatal para lograr o título de bacharelato que dá acceso á Universidade e á FP superior. Os alumnos teñen catro oportunidades para superala (o borrador non especifica se se poderán presentar os alumnos para mellorar a súa cualificación) e a súa valoración será a media entre o expediente de bacharelato e o resultado da proba.











Críticas


Cando aínda non se presentara a lei, xa houbera numerosas discusións e protestas por algunhas das medidas que se querían implantar (sobre todo a da reválida). Pero logo de que onte a ministra presentara o seu borrador xa se ergueron as primeiras voces disonantes con este proxecto. A CEAPA considerouno "un paso atrás histórico no sistema educativo", unha crítica que compartiron os partidos políticos, sindicatos de ensino, as asociacións de padres e as de estudiantes. E pola súa parte, as asociacións de estudiantes coincidiron en cualificar de negativo o sistema de itinerarios proposto e xa están preparando novas manifestacións para mediados de abril.












e en Galicia

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Celso Currás, manifestou que comparte case a totalidade o espírito da lei de calidade dado a coñecer pola ministra. Un documento que, tal e como recolle hoy "La Voz de Galicia, " unha lei "necesaria, oportuna e valente". De todos os xeitos o conselleiro condidera que a propota avanzada pola ministar recolle algunhas das innovacións que xa se aplican en Galicia. Sobre todo no que atende á potenciaci´n do idioma estranxeiro na Educación Infantil e á potenciación da orientación educativa.