A presenza da banda deseñada en Galicia está a se incrementar. Máis espazo mediático, maior número de obras editadas, máis certames... AÃnda que dista moito de ser unha arte normalizada no noso sistema cultural, o cómic vaise facendo oco. Desde Ourense, foco destacado da novena arte desde hai anos, dan un paso alén e presentan o Laboratorio Galego de BD Experimental (Lab•Ou), un espazo pioneiro a nivel peninsular que pon os nosos autores na vangarda internacional.
A idea é animar os autores a experimentar arredor das posibilidades expresivas da banda deseñada, facer exercicios de estilo nos que non importa tanto o resultado como a aprendizaxe que se deriva do proceso. "Trátase de facer propostas que manteñan en activo a creatividade dos autores; unha especie de ximnasia mental de mantemento", explica o web do proceso. Segundo Henrique Torreiro, un dos responsables desta iniciativa, "O ideólogo de todo isto é Óscar Iglesias, e a intención do proxecto é desenvolver exercicios persoais de experimentación que sirvan como ferramenta de cara a actividades creativas".
O xermolo
A proposta inaugural neste sentido foi a actividade "BD 24x24" que se desenvolveu na última edición das Xornadas de Ourense, o pasado mes de outubro. A iniciativa propúñalle aos participantes o reto de construÃr unha historia de vinte e catro páxinas en cadriños noutras tantas horas. "Pensamos que foi unha experiencia moi positiva. Tendo en conta o complicado do reto contamos con cinco participantes e do proxecto saÃu un cómic rematado", lembra Torreiro. "En xeral a idea non é que saian obras bonitas, senón que a xente descubra cousas dun xeito totalmente persoal", completa. "A partir de aà pensamos que serÃa interesante continuar e facer un curso continuado de exercicios deste tipo". E asà foise completando a idea.
Produtos experimentais
O resultado máis tanxible daquel primeiro experimento foi a obra, "Corazón de tormentas", que o infatigable David RubÃn presentaba co selo de Lab•Ou na recente edición de "Viñetas deste o Atlántico". O festival coruñés foi testemuña da segunda aposta do Laboratorio. Tratouse da elaboración dunha historia seguindo o método do "cadáver exquisito", polo cal cada autor deseñaba un cadriño da narración coñecendo unicamente o anterior. A proposta conseguiu achegas de máis de trinta autores, entre os que se encontran unha boa mostra dos nomes galegos da BD canda a destacados creadores do panorama estatal e internacional coma Bruce Timm ou Frederik Peeters, que estaban convidados ao festival.
Antecedentes
Se a proposta inaugural recollÃa unha idea do teórico americano Scott McCloud, e a experiencia máis recente seguÃa un coñecido exercicio surrealista, Lab•Ou xa anunciou a súa intención de recoller outras proposta experimentais que xa están a probar no panorama internacional, ademais de achegar as súas propias ideas. A este respecto, os promotores recoñecen a súa débeda intelectual co OuBaPo (Ouvroir de Bande dessinée Potentielle) que naceu en 1992 en Francia. Esta iniciativa, que conta xa cun homólogo en Estados Unidos, quere desenvolver propostas alternativas para unha arte á que a súa condición industrial corre o risco de estandarizar. Como se pode ver, uns antecedentes do máis destacado para o laboratorio. Esta institución dedicada en exclusiva e de xeito permanente á experimentación arredor da novena arte supón unha proposta única a nivel peninsular e sitúa a nosa BD ao nivel das máis importantes do mundo, como os xa mencionados casos de Francia e Estados Unidos.
Exercicios
A tirar desta e doutras fontes, o Lab•Ou ten dispoñible para os autores un "Grimorio", que escolma uns sesenta exercicios estilÃsticos para desenvolver mediante cadriños. Entre as suxestións máis ou menos complicadas, están establecer condicionantes sobre- os recursos se poden empregar (BDs sen palabras ou restrinxidas no enfoque) a permitir múltiples lecturas das historias (de adiante atrás, con tiras de viñetas cruzadas...) ou mesmo facer bandas deseñadas nas que o azar decida a orde dos cadriños. As posibilidades son inmensas. "Propomos facer exercicios con restricións narrativas, que son cousas que parecen parvadas pero que son moi difÃciles e esixen unhas técnicas narrativas que non son as que se empregan habitualmente", apunta Torreiro.
O laboratorio secreto
"Con certo chiste organizámolo con forma de club ou de sociedade secreta organizada en grados. A idea é que cada un dos asociados vaia sumando puntos coa realización dos exercicios e obtendo grados. Como sÃmbolo empregamos unha chave, ao final a intención é darlle un compoñente lúdico e atractivo", sinala Torreiro. Varios creadores do noso paÃs xa se sumaron á idea, aÃnda que o proxecto permanece aberto para todos os interesados, tanto profesionais como amadores galegos ou de fóra do paÃs. O Lab•Ou agarda funcionar de xeito permanente a través da rede e ir creando un grupo de autores que participen das súas iniciativas e que se encarguen tamén de valorar os traballos que se presenten. Sistemas de debate en rede canda a encontros fÃsicos en distintos eventos galegos sobre BD queren servir para favorecer o intercambio de experiencias e o maior coñecemento sobre os recursos e posibilidades expresivas da banda deseñada.
Futuros
O web do Laboratorio xa permite consultar os primeiros experimentos expresivos que se desenvolveron ao abeiro desta marca. É de agardar que, aos poucos, se amplÃe a comunidade de membros con gana de experimentar e que poidamos ver, dÃa a dÃa, como se van abrindo camiños para a BD. De cara ao futuro, o Lab•Ou quere favorecer a publicación dos traballos que se vaian elaborando no marco do proxecto e normalizar a experimentación como unha necesaria ferramenta para afianzar o futuro do medio e mais dos nosos autores. Polo momento están a traballar na edición do cadáver exquisito que se xestou na Coruña.