Política Lingüística concede axudas para a edición de materiais curriculares en galego

Materiais de axuda

24/8/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Un total de 239 proxectos editoriais en formatos impresos, dixitais, visuais e audiovisuais recibirán axudas da Secretaría Xeral de política Linguística. O departamento que dirixe Marisol López concedeu onte as subvencións a un total de 23 editoriais que presentaron proxectos de materiais curriculares para niveis non universitarios e, por primeira vez, para a formación de adultos. A esta convocatoria presentáronse 376 solicitudes e, en canto aos criterios de concesión, unha nota de prensa da Secretaría especifica que tiveron prioridade aqueles de materias non consideradas de uso obrigatorio en galego. O importe máximo é de seis mil euros e a contía da axuda non pode superar o custe total da publicación.

Mais información no web da Xunta, en La Voz de Galicia, Xornal, El Correo Gallego e Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Galicia Hoxe, El Correo Gallego, La Voz de Galicia