Política lingüística convoca axudas para a edición de materiais educativos en galego

Materiais do millón

10/3/2006 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
2 lecturas | Compartido 0 veces
As editoriais que elaboren material educativo poderán concorrer ás axudas que acaba de convocar a Secretaría Xeral de Política Lingüística. É subvencionable o material didáctico preciso para a formación en lingua galega de adultos que se realice sobre soportes impresos ou dixitais. A novidade da convocatoria, segundo publica o web da Xunta, é que se axudará á produción de materiais para a formación de adultos en galego e a edición de soportes dixitais. A contía desta convocatoria, que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) é dun millón de euros.

Máis información no web da Xunta e a convocatoria no DOG (en pdf)


Universo culturagalega.gal