O poboado castrexo do Castro de Vigo cumpre tres anos valados

Castros valados

24/8/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
O vestixio arqueolóxico do monte do Castro é o depósito arqueolóxico máis importante de Vigo e un dos máis importantes de Galicia. O xacemento consiste nun poboado que foi escavado nunha das súas partes nos anos setenta e obxecto de certos coidados nos anos noventa. No 2002 converteuse nun lugar de cita para facer “botellón” e o concello determinou naquel momento instalar un valado para protexelo. Pero, segundo figura hoxe en “Atlántico Diario”, cúmprense tres anos desde aquela medida e o castro segue na mesma situación que entón. Segundo este xornal, o concello vigués apunta que a responsable da súa conservación é a Consellaría de Cultura ao mesmo tempo que asegura que se dedicarán á súa restauración unha vez que rematen as obras na Finca Mirambell.

Máis información na edición de hoxe de Atlántico Diario e sobre a rehabilitación en Mirambell na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Atlántico, Culturagalega, Arqueoloxía

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares