62 investigadores das tres universidades desenvolven un proxecto para impulsar as matemáticas nas investigacións científicas

Volven as "mates"

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
“Mathemática” é o nome dun proxecto no que participarán 62 científicos das Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo baixo a coordinación do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Este proxecto, que pretende incrementar o peso das matemáticas dentro da actividade científica desenvolverán dúas plataformas. Dunha banda “Mathemática consulting” para potenciar as actividades de transferencia de coñecemento en grupos de investigación dedicados ao ámbito empresarial e industrial. Doutra banda está “Mathemática computing” que instalará un Grid Computacional específico para esa disciplina. O proxecto intégrase dentro do programa Igenio 2010 e ten unha dotación de 7.5 millóns e un prazo para desenvolverse de cinco anos.

Mais información en Galicia Hoxe e no web do Ministerio sobre o Consolider-Ingenio 2010

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Galicia Hoxe, Centro de Supercomputación de Galicia, A Coruña...