O Centro de Supercomputación de Galicia contará co computador con maior memoria de Europa

Super Finisterre

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Finis Terrae é o nome do computador co que contará o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) a partir do vindeiro ano. Un mostro electrónico coa maior capacidade de memoria de Europa (19 terabytes) que multiplicará por oito a actual potencia de cálculo do centro. O Finis Terrae, que custou sesenta millóns de euros, poderá facer 16 millóns de operacións por segundo que se aplicarán a campos coma a nanotecnoloxía ou a xenómica.

Máis información no web do CESGA, en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia; máis sobre o CESGA nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro de Supercomputación de Galicia, Europa, Galicia Hoxe, Culturagalega...