O Concello de Muíños celebrou a Chega de Bois sen autorización da Xunta

As chegas menos achegadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
A Chega de Bois e a Festa do Boi de Allariz son dúas das celebracións con animais máis antigas da provincia de Ourense. Pero son tamén dúas festas que están no punto de mira das críticas de colectivos ecoloxistas porque segundo eles, atenta contra os dereitos dos animais. Este ano e segundo publica “La Región” a chega que tivo lugar esta fin de semana no concello de Muíños non tiña autorización da Xunta de Galicia, motivo polo que poderá ser sancionado cunha multa que oscila entre os 3.005 e os 15.025 euros. Neste sentido, a Consellaría de Medio Ambiente solicitou a Dirección Xeral de Patrimonio un informe para coñecer se esta celebración ten carácter etnográfico, de ser así non podería impedir a súa celebración.

Máis información en La Región

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muíños, La Región, Dirección Xeral de Patrimonio, Xunta de Galicia...