Unha densa capa de fume plana desde o sábado sobre o noso país. 98 incendios arden a estas horas, 30 permanecen activos e Pontevedra e A Coruña son as provincias máis afectadas. O Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, denunciou que a maior parte dos incendios, que xa se cobraron tres vidas, son intencionados e pediu a colaboración cidadá na identificación dos incendiarios. A situación continúa sendo hoxe moi preocupante", segundo Adega, e as causas son múltiples.
Moi preocupante. Así valoran desde Adega a situación actual dos montes en Galicia. A valoración da situación actual é moi preocupante e estamos pendentes de conseguir información concreta, continúa explicando este membro de Adega que explica que esta tarde terán unha xuntanza coa consellaría de Medio Rural para coñecer a situación actual nunha Galicia inmersa nunha loita sen cuartel por reducir as lapas. Os últimos datos ofrecidos pola Consellaría de Medio Rural (martes 8 de agosto ás 12:02) advirten que hai 98 focos neste momento. A Coruña e Pontevedra teñen 19 e 33 focos activos e 12 e 18 focos controlados respectivamente. Hai nivel 1 en Arbo, Maside, Porto do Son, Rianxo e Rois e nivel 2 en Cotobade e Soutomaior. Tanto o nivel 1 como 2 indican perigo para bens e persoas pero a diferencia estriba en que no segundo nivel se unen aos recursos propios, medios facilitados polo Estado.
Ata o de agora o que podemos confirmar, apuntan desde Adega, é que non se trata dunha única causa senón de múltiples e variadas, que van desde persoas que están trastornadas ata posibles intereses urbanísticos.
As causas
Malia que os medios de comunicación publican hoxe que Galicia viviu onte o seu peor día nos últimos quince anos, os incendios existen como un problema en Galicia desde hai unhas catro décadas. Existen estatísticas sobre a súa incidencia desde o ano 1968 e estas evidencia que o ano máis negro foi 1989, con 8.000 incendios e 200.000 hectáreas queimadas. Ese ano supuxo un antes e un despois na política de incendios forestais porque desde entón diminuíu o número de hectáreas queimadas (ata as 20.000 no 2003) mentes que os orzamentos se multiplicaron por cinco ata os 65 millóns de euros no 2004. Pero todos eses cartos destináronse principalmente á extinción e non á busca de solucións que afectasen aos problemas estruturais.
Sobre as causas ecolóxicas dos incendios, os efectos sobre as explotacións forestais, a atribución da causalidade ás estruturas socioeconómicas e a problemática dos incendiarios falouse nunha xornadas organizadas polo Consello da Cultura Galega en novembro de 2005. Alí, o profesor da Universidade de Santiago, Francisco Siñeiro García, falou das causas estruturais dos incendios forestais e que se poden ler nas actas das xornadas. A maioría dos incendios son froitos de descoidos e imprudencias e, sobre todo, intencionados por parte dos incendiarios que a miúdo escollen para prender o lume os momentos que poidan ter unha maior facilidade de propagación. A isto podemos engadir as palabras do conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, que apuntaba onte unha nova tipoloxía de incendiario que prende lume en focos de zonas boscosas, de difícil acceso, escarpada e moi próximas a núcleos de poboación procurando facer o maior dano posible.
Entre as causas estruturais que apuntaba Francisco Seineiro están basicamente dúas. Dunha banda que se trata dun territorio pouco ordenado e parcialmente abandonado, como consecuencia do abandono progresivo da agricultura. Isto dá conta das dimensións unha superficie de case dous millóns de hectáreas, das que un número importante están abandonadas e dominadas polo mato ou arborizadas pero cheas de maleza e á marxe dos intereses da maioría dos agricultores e da poboación rural. Da outra banda, apunta cara unha agricultura dun medio rural en crise, que se traduce na reducción do número explotacións. Segundo o profesor Sineiras podemos observar que nas áreas dunha maior actividade agraria, reflectida por unha maior densidade de explotacións viables é onde menos incidencia hai de incendios, mentres que as áreas máis conflictivas caracterízanse tamén por unha menor actividade da súa agricultura, como son gran parte das provincias de Ourense e Pontevedra.
As penas
Ata o momento hai tres detidos. A persoa detida en Cerdedo e presunta autora do incendio que lle custou a vida a dúas mulleres o pasado venres foi posta en liberdade polo xuíz a última hora da tarde do luns. Dúas, unha no concello de Soutomaior grazas á colaboración cidadá e outra no concello da Baña, pasarán a disposición xudicial este mércores, segundo a Consellaría de Medio Rural. A cuarta detención tivo lugar esta mesma mañá en Santiago, segundo avanzaba a Radio Galega. Pero non son as únicas detencións, no que vai de ano 84 persoas foron arrestadas en Galicia pola a Garda Civil. Este é, xunto coa extinción, outro dos frontes nos que máis anda a loitar a Xunta. Por iso, onte o presidente do goberno autonómico adiantou a chegada de cinco especialistas en investigación de delictos forestais da chamada Unidade Central Operativa da Garda Civil para colaborar co Equipo Contra o Crime Organizado, que conta con 15 traballadores e que ten base en Pontevedra.
O Código Penal dedica o seu capítulo segundo aos incendios e no seu artigo 352 fai relación específica aos incendios forestais e di que os que incendien montes ou masas forestais serán castigados con penas de prisión dun a cinco anos e multa de 12 a 18 meses. Se neste suposto supón perigo para a vida u a integridade das persoas imponse en todo caso, a pena de multa é de doce a vintecatro meses ademais de aplicarse o artigo 351 que impón a pena de prisión de dez a vinte anos.
De momento segundo asegurou Álvaro García Ortiz, coordinador dos fiscais especializados na investigación de delictos de incendios ao Faro de Vigo os presos preventivos nese campo multiplicáronse por catro con respecto ao ano pasado. Desde xaneiro podemos estar falando de entre 30 e 35. De momento non hai sentenzas porque aínda non houbo ningún xuízo e García Ortiz explica que os testemuños son determinantes para convencer ao xuíz. Por iso, non é de estrañar que colectivos ecoloxistas como Adega e a Federación Ecoloxista Galego uníronse á demanda da administración na procura dunha maior colaboración cidadá que permita a identificación e posterior detención dos incendiarios.