Esta fin de semana remataban en Carballiño as Xociviga, as Xornadas de Cine e VÃdeo de Galicia, un evento que sentou durante moito tempo o xermolo do que serÃa o chamado “Cine galego” e que este ano daban un cambio na súa orientación. Uns encontros que teñen un lugar de referencia inequÃvoco no panorama de festivais do audiovisual galego que xa saben que cartos van ter este ano para a súa organización. Aproveitamos asà para repasar os festivais do paÃs.
O que hoxe coñecemos baixo o nome de Xociviga, chamouse en 1984 “I Xornada de cine en Galicia”. Foi unha das primeiras iniciativas organizadas pola Dirección Xeral de Cultura en materia cinematográfica que contou co apoio do cineclub local e a Federación Galega de Cineclubs. Foi durante moito tempo un dos lugares e punto de encontro entre o audiovisual galego e de conexión entre este e o portugués. Pasaron por diferentes etapas, chegaron a non celebrarse en varias ocasións e a súa organización pasou do cineclube ao concello, que asumiu a súa celebración.
As xociviga
Hoxe, o concello encargoulle a súa organización a un galego retornado, Francisco Freire (chamado Francesc por esa Cataluña que o acolleu durante máis de catro décadas) que aportou a súa experiencia como guionista dalgúns dos programas de máis éxito de TVE como “Barrio sésamo”, “Si lo sé no vengo”, “La ruleta de la fortuna”...para un programa que segundo nos comenta, “puxen a andar en mes e medio”. Este ano puxo especial acento na programación infantil, con sesións matinais e con videoxogos baseados en pelÃculas. O cine galego formou parte dun ciclo no que se proxectaron traballos feitos en aquà ou por galegos e tal e como o ano pasado se achegou ao audiovisual portugués este ano fixo o mesmo coa cinematografÃa árabe. “Posiblemente se siga nesta liña, pero aÃnda non tiven tempo para falar do que pasará esta edición” afirma un Francesc que leva oito meses en Galicia co proxecto de relanzar a televisión local de Carballiño.
Repasando o calendario de festivais
As Xociviga son unha referencia histórica do audiovisual galego e acaban de recibir a notificación de que a Xunta, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual de que se lle conceden 25.000 euros para a súa celebración, unha contÃa só superada polas concedidas a Cineuropa (75.000 euros), Festival de cine de Ourense (70.000 euros) e Amal 06 (45.000 euros). Por poñer un exemplo, este mes de agosto, xunto coas Xociviga hai máis citas cinematográficas.
Esta fin de semana tamén concluÃan outras xornadas, non tan históricas como as do Carballiño, pero cun bo programa que ademais da exhibición de curtametraxes, rodáronse curtas polas rúas. Tratábase de “On&Off” o festival que organiza o concello de Ribadeo coa produtora MÃster Misto e que recibirá 6.000 euros da convocatoria de axudas da SecretarÃa de Comunicación a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual. Xusto o dobre (12.000 euros) irán a parar ao Festival Internacional de Curtametraxes CurtocircuÃto, que organiza o concello de Santiago e que, malia que o festival é propiamente en setembro, as sesións de exhibición nas rúas xa comezaron. CurtocircuÃto pertence a esa clase de festivais non históricos, que teñen tres ou catro edicións pero que contan cun proxecto moi completo por detrás. O festival de Santiago ten actividades que van desde a exhibición, a produción dunha curtametraxe, realización do “Proxecto Compostela Plató” (que no fondo é un certame de guión cuxo premio é a súa materialización) e iniciativas como “Non te curtes”, que pon a disposición do participantes equipos de edición AVID e un lugar para montar o produto gravado coa cámara de cada un.
Fóra das axudas, están outros certames menores que se encargan basicamente da exhibición de traballos afecionados e, na maiorÃa locais que serven de escaparate e que moitas veces non teñen nin vocación de continuidade nin un proxecto sólido por detrás para apoiar o noso sector audiovisual.
Na busca dun grande festival
Malia que hoxe temos preto de trinta citas relacionadas co audiovisual só 15 delas recibirán axudas da administración autonómica. Os criterios a seguir pola administración para a concesión de axudas pasaba pola historia do festival, a súa tipoloxÃa, a incidencia na industria audiovisual, a cobertura prestada polos medios, número de paÃses e producións participantes, as actividades paralelas e a repercusión a nivel internacional. Os 15 eventos que contarán con axudas contan cun proxecto máis ou menos sólido por detrás e son algo máis que meros escaparates.
De todos os xeitos, o que queda claro á vista da agrupación dos eventos pola propia Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, é que en Galicia hai dous grandes eventos. Dunha banda está “Cineuropa”, que naceu como un festival que achegaba ao público filmes independentes que, por problemas de distribución non chegan ás carteleiras. Co tempo foi incorporando producións galegas, monográficos, homenaxes e pretende dar o salto a Festival de Cine. Da outra banda está o de Ourense, moito mais novo XI edicións, pero que xa naceu con vocación de festival con numerosas seccións oficiais (Cine en Feminino, Memoria histórica, Cine e Emigración), varios premios e actividades paralelas que van desde cursos de formación ata a creación dun mercado para vender as producións. Son dúas citas que comparten mes no calendario (novembro) e que son as que máis cartos recibiron nesta convocatoria de axudas. O de Santiago recibiu 75.000 euros mentres que o de Ourense 70.000 euros, 20.000 menos que na última edición.
Malia que hoxe o eixe sitúase entre Santiago e Ourense, tanto Vigo como A Coruña tiveron o seu certame cinematográfico. De feito, A Coruña é unha das cidades galegas con maior tradición de festivais cinematográficos. Iniciouse en 1973 co “I Certame de Cine de Humor Ciudad de La Coruña”, un evento con moitos cartos pero sen un proxecto moi sólido por detrás, que acabou sendo máis coñecido polas súas festas, galas e tertulias sen pretensións que por ser un proxecto sólido. Despois de oito anos edicións cambiou de nome para ser o “I Festival de Cine de Comedia de La Coruña” que só chega a celebrase en 1982 e 1983 e que despois foi eliminado polo interese da concellarÃa de cultura de eliminar gastos e este evento custáballe a cifra nada desprezable de 37 millóns de pesetas. En Vigo, a historia dos Festiviais de Cine céntrase en 1981, cando se crean os “I Encontros de Cine de Autor e de Arte i Ensaio” que tiveron lugar no Cine Salesianos. Este festival serviu de plataforma para a creación da Filmoteca do Pobo Galego e centrouse en tres seccións “temática galega,” cine de autor” e “cine galego”. Só tivo unha edición porque a propostas que fixeron os seu organizadores non tivo continuidade en ningunha entidade viguesa. Hai un ano, Emilio Pérez Touriño, no seu programa electoral falou de crear en Vigo un festival Chano Piñeiro. Unha proposta que segundo o director xeral de Comunicación Audiovisual, “se reformulará nun dos dous festivais importantes que hai en Galicia”.
Os festivais e os cartos
O Libro Branco do Audiovisual dado a coñecer en xullo de 2005 evidenciaba que un dos puntos comúns no audiovisual europeo e diferente con respecto ao americano era a escasa promoción dos produtos que se producÃan. Era a confirmación do que xa se intuÃa e cara as que xa se destinaban partidas económicas desde as diferentes administracións competentes na materia, pero que se diversificaron e procuraron simplicar o seu trámite, xa que unha das demandas do sector era precisamente esta, que non tiveran que contratar a unha persoa unicamente para a xestión das axudas.
Este ano, por primeira vez e, en palabras do Director Xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias “deixou de subvencionarse as xornadas e festivais que solicitaban de xeito puntual unha axuda e reguláronse as axudas aos festivais e iniciativas a través dun concurso público de concorrencia competitiva”.