Os novos escenario de conflictos inician os Encontros de Educación para a paz

paz = non guerra

Os escenarios de conflicto armado, o fracaso da política nos mesmos, as consecuencias do 11 de setembro e a práctica de conductas tolerantes son os temas que se abordan desde hoxe en Santiago. E o motivo de que Compostela esté tan "pacífica" débese a que se celebra o XVII Congreso de Cultura de Paz que organiza anualmente o Seminario Galego de Educación para a Paz. Desde hoxe e ata o vindeiro domingo, a paz será o tema principal que centre as xornadas.

Obxectivos e filosofía do encontro



O Seminario Galego de Educación para a Paz non quixo faltar á súa habitual cita, que é a de crear un foro e un escenario na que se poñan sobre a mesa todas aquelas consideracións e cuestións que afectan ás situacións de conflicto. De feito, este ano o seminario ten como lema "Cultura de paz para desaprender a guerra" e todo isto desde unha perspectiva positiva. Unha óptia que se xustifica, segundo o director do Seminario, Manolo Dios, porque "o concepto de paz, consolidado e recoñecido internacionalmente, expresa os valores de diálogo, acordo e negociación".











Programa




Esta tarde comezará a primeira xornada que corre a cargo do director do Centro de Investigación para a Paz (CIP), Mariano Aguirre, e do director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, Xulio Ríos, que tratarán a cuestión dos novos escenarios da guerra e dos conflictos armados.
A xornada do xoves centrase no fracaso da mediación e das actividades políticas e nas que se aproveitará para centrar a necesidade de educar para a paz (que se fará a través da presentación da Unidade Didáctica do conflicto).
Se hai unha data recente que vén a condicionar todas as políticas de actuación e marca a marcha dos conflictos e da paz, esta é a do 11 de setembro. De feito, o relatorio dea profesora de Relacións Internacionais na Universidade Autónoma de Barcelona Nora Sainz Gsell centrarase en afondar nesta característica. Como coincide co día da Muller traballadora nesta xornada a profesora da USC Irene Rodríguez Manzano explicará a Teoría feminista das relacións internacionais: "A protección das mulleres en situacións de conflictos armados".
O sábado o congreso adquirirá un talante meramente práctico, presentando as experiencias e obradoiros simultáneos sobre a paz que se están a desenvolver desde diferentes puntos de Galicia.