Unha loia é un “rumor, unha información de orixe ignorada que corre de boca en boca”. Pero tamén é, desde a semana pasada, unha guÃa sobre a lingua galega en Internet en varios idiomas, no que os usuarios poden coñecer rapidamente a historia, a realidade social actual do galego ou os lugares nos que o poden estudar ao longo do mundo.
O nome Loia alude ao xeito no que a información se propaga na rede: de punto a punto, de persoa en persoa, de correo electrónico en correo electrónico. Asà se pretende que funcione Loia, o novo produto web do Consello da Cultura Galega (CCG), que achega información básica sobre a lingua galega para aqueles que desexan entrar en contacto con ela.
A motivación fundamental do produto foi a necesidade de que a lingua galega contase cunha ferramenta para a súa proxección internacional a través de Internet. Deste xeito, o produto está concibido para poder ser traducido e versionado de xeito flexible a diferentes linguas e inicialmente, parte de versións en galego, castelán e inglés; outras linguas xa están en preparación. Segundo Henrique Monteagudo, “a iniciativa está dirixida a dous tipos de públicos: aos centros de ensino, como material didáctico de grande utilidade para profesores e alumnos, e a todo tipo de estudantes, investigadores e curiosos, galegos e foráneos, que cada vez en maior medida demanda información relevante, clara e accesible sobre o noso idioma.”
Loia está promovido polo Consello da Cultura Galega a través da súa Sección de Lingua e o Centro de Documentación SociolingüÃstica de Galicia. un punto de encontro a partir do cal explorar o universo da lingua galega. Unha extensa rede de ligazóns permite ampliar a información sobre cada temática nos diferentes contidos que asociacións e institucións colocan en Internet.
Catro percorridos diferentes
Loia baséase en que cada usuario pode introducirse na lingua galega segundo os seus intereses. Deste xeito, Loia conta con catro itinerarios: “Unha perspectiva en mapas”, “Unha longa historia”, “Feitos de hoxe” e “Para comezar”. Unha perspectiva en mapas permite ter unha visión xeográfica da lingua galega, a súa extensión dentro da PenÃnsula Ibérica, as súas diferencias internas e a súa relación coa lingua portuguesa. “Unha longa historia” propón tres percorridos pola longa historia da nosa lingua: unha liña do tempo, na que os usuarios poden explorar visualmente as etapas claves do decorrer no pasado do uso do galego, afondar en textos máis detallados sobre cada época ou mesmo navegar por fragmentos literarios que supoñen un bo punto de partida para coñecer a extensa creación literaria do paÃs.
“Feitos de hoxe”, pola contra, detense no uso actual da lingua galega. É unha sección moi viva, que se actualizará continuamente en función dos novos datos e estudos. Permite coñecer a extensión do uso da nosa lingua a través de numerosos indicadores, como uso por idade, xeografÃa ou as actitudes da poboación cara o idioma. A área “Para comezar” está decididamente orientada aos interesados non galegos que precisan coñecer con rapidez datos básicos sobre o uso do idioma, orientarse e coñecer aos principais axentes institucionais e sociais na regulación, investigación e difusión do galego. Na sección tamén se inclúe un amplo directorio de centros de ensino onde aprender a lingua galega no exterior e interior do paÃs.